Pablo Casado proclama que España é o único país que "pode dicir que un novo mundo foi descuberto por eles". O líder do PP agrega nun mitin en Andalucía que "a hispanidade" foi o "fito máis importante da humanidade" e reitera que España é a "nación máis antiga de Europa".
Fálase
Miguel Santalices cre que "a Feijóo non lle queda máis remedio que volver presentarse" como candidato á presidencia da Xunta. "Temos por diante o Xacobeo e con iso non se pode xogar", di o presidente do Parlamento nunha entrevista en Radio Galicia.
O Breogán logra a súa primeira vitoria na ACB tras o seu regreso á máxima categoría. O equipo lucense venceu 86-79 o Estudiantes nun Pazo ateigado.
Gómez Noya remata undécimo na súa estrea no Ironman de Hawaii. O triatleta galego declárase "decepcionado" tras non facer "a carreira soñada" nunha proba na que Iván Rarña finalizou 25º.
O furacán Leslie deixa importantes danos materiais e centos de miles de persoas sen luz en Portugal e importantes chuvias e refachos de vento en Galicia, onde as temperaturas baixaron 10º en poucas horas.
Atalaya Mining, impulsora da reapertura da mina de Touro, busca comprador, segundo anuncia Reuters. A anulación do permiso ambiental en Riotinto, principal proxecto da empresa, lastra tamén os seus plans en Galicia.
Decretado o aviso laranxa por temporal na Costa da Morte, con ondas que poderían acadar os seis metros. Hai aviso amarelo no resto do litoral e no interior da Coruña e Lugo por vento e chuvias, que chegarán este sábado
A Federación de Asociacións Galegas de Arxentina colabora nun proxecto de lei para catalogar, preservar e poñer en valor a obra de Luís Seoane en Bos Aires. 34 obras do artista serán incorporadas como bens do patrimonio cultural
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística publica un vídeo para promover a realización de mandas testamentarias nas que se lles encomenda aos beneficiarios testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico galego
Este sábado comeza a décima edición do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, dedicada nesta ocasión ao sexo, á provocación e a censura. O certame desenvolverase ata o domingo 21 con proxeccións, concertos, exposicións, conferencias, obradoiros e seminarios. E a tradicional zombiewalk polas rúas da cidade, que terá lugar o 31 de outubro