Atalaya Mining, impulsora da reapertura da mina de Touro, busca comprador, segundo anuncia Reuters. A anulación do permiso ambiental en Riotinto, principal proxecto da empresa, lastra tamén os seus plans en Galicia.

Atalaya Mining, impulsora da reapertura da mina de Touro, busca comprador, segundo anuncia Reuters. A anulación do permiso ambiental en Riotinto, principal proxecto da empresa, lastra tamén os seus plans en Galicia.
Decretado o aviso laranxa por temporal na Costa da Morte, con ondas que poderían acadar os seis metros. Hai aviso amarelo no resto do litoral e no interior da Coruña e Lugo por vento e chuvias, que chegarán este sábado
A Federación de Asociacións Galegas de Arxentina colabora nun proxecto de lei para catalogar, preservar e poñer en valor a obra de Luís Seoane en Bos Aires. 34 obras do artista serán incorporadas como bens do patrimonio cultural
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística publica un vídeo para promover a realización de mandas testamentarias nas que se lles encomenda aos beneficiarios testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico galego
Este sábado comeza a décima edición do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, dedicada nesta ocasión ao sexo, á provocación e a censura. O certame desenvolverase ata o domingo 21 con proxeccións, concertos, exposicións, conferencias, obradoiros e seminarios. E a tradicional zombiewalk polas rúas da cidade, que terá lugar o 31 de outubro
Extinguido o incendio forestal que afectaba a Rairiz de Veiga (Ourense) despois de queimar 23 hectáreas. A extinción do incendio de Mondariz costou máis de 100.000 euros, segundo Medio Rural
A CIG pide que a nova morte nas obras do AVE en Laza, a novena desde o seu comezo, se incorpore á causa xa aberta por outras anteriores nun xulgado de Verín. O sindicato di que demostra “a ineficacia ou inexistencia das preceptivas medidas de prevención e seguridade”, precariedade laboral que, di, “multiplícase no caso dos operarios/as procedentes de Portugal” e da que fai responsables ás empresas e o Estado.
O comité intercentros da CRTVG lamenta que a TVG emita "por primeira vez" na historia o desfile íntegro das forzas armadas este 12 de outubro. Destacan que xa é un evento emitido pola TVE e que a cobertura da TVG é "innecesaria". "É unha nova utilización política dos medios públicos por parte da dirección", explica.
O voceiro do PP no Senado augura que por mor do pacto orzamentario entre PSOE e Podemos "en poucos anos estamos como en Venezuela, pasando fame". Ignacio Cosidó substituíu o galego José Manuel Barreiro como líder dos populares na Cámara Alta e foi director xeral da Policía de 2011 a 2016.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias asinan un pacto de PSOE e Unidos Podemos para os Orzamentos do Estado de 2019 con medidas políticas para o que resta de lexislatura estatal.