A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística publica un vídeo para promover a realización de mandas testamentarias nas que se lles encomenda aos beneficiarios testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico galego
Fálase
Este sábado comeza a décima edición do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, dedicada nesta ocasión ao sexo, á provocación e a censura. O certame desenvolverase ata o domingo 21 con proxeccións, concertos, exposicións, conferencias, obradoiros e seminarios. E a tradicional zombiewalk polas rúas da cidade, que terá lugar o 31 de outubro
Extinguido o incendio forestal que afectaba a Rairiz de Veiga (Ourense) despois de queimar 23 hectáreas. A extinción do incendio de Mondariz costou máis de 100.000 euros, segundo Medio Rural
A CIG pide que a nova morte nas obras do AVE en Laza, a novena desde o seu comezo, se incorpore á causa xa aberta por outras anteriores nun xulgado de Verín. O sindicato di que demostra “a ineficacia ou inexistencia das preceptivas medidas de prevención e seguridade”, precariedade laboral que, di, “multiplícase no caso dos operarios/as procedentes de Portugal” e da que fai responsables ás empresas e o Estado.
O comité intercentros da CRTVG lamenta que a TVG emita "por primeira vez" na historia o desfile íntegro das forzas armadas este 12 de outubro. Destacan que xa é un evento emitido pola TVE e que a cobertura da TVG é "innecesaria". "É unha nova utilización política dos medios públicos por parte da dirección", explica.
O voceiro do PP no Senado augura que por mor do pacto orzamentario entre PSOE e Podemos "en poucos anos estamos como en Venezuela, pasando fame". Ignacio Cosidó substituíu o galego José Manuel Barreiro como líder dos populares na Cámara Alta e foi director xeral da Policía de 2011 a 2016.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias asinan un pacto de PSOE e Unidos Podemos para os Orzamentos do Estado de 2019 con medidas políticas para o que resta de lexislatura estatal.
Un xulgado da Coruña pon en marcha a instrución sobre a cesión do uso do vello cárcere provincial por parte do Concello ao Proxecto Cárcere. A investigación parte dunha denuncia do PP que asumiu a Fiscalía. Os populares dan por feito que existiron irregularidades, mentres que o goberno local subliña que a apertura de dilixencias é un paso "normal" tras a denuncia e lembra que na cesión non media "beneficio económico" ningún.
O Concello de Lugo non seguirá adiante co seu proxecto de ordenanza cívica por non existir "consenso" dabondo na cidade. A alcaldesa lucense, Lara Méndez, confirmou que o goberno local abordará os "problemas" neste eido por outras vías, pero non cunha ordenanza que suscitara as protestas do resto de grupos da esquerda da corporación (Lugonovo, BNG e ACE) e mais dunha plataforma veciñal creada para rexeitala.
O PP lanza un vídeo contra a oficialidade da lingua asturiana no que argumenta que cómpre falar este idioma con "naturalidade", pero sen atender a unha normativa "inventada". "Buscan vivir do bable e por iso queren facelo obrigatorio", agregan para atacar o movemento a prol da oficialidade, moi activo nos últimos anos.