Gómez Noya remata undécimo na súa estrea no Ironman de Hawaii. O triatleta galego declárase "decepcionado" tras non facer "a carreira soñada" nunha proba na que Iván Rarña finalizou 25º.

Gómez Noya remata undécimo na súa estrea no Ironman de Hawaii. O triatleta galego declárase "decepcionado" tras non facer "a carreira soñada" nunha proba na que Iván Rarña finalizou 25º.
O furacán Leslie deixa importantes danos materiais e centos de miles de persoas sen luz en Portugal e importantes chuvias e refachos de vento en Galicia, onde as temperaturas baixaron 10º en poucas horas.
Atalaya Mining, impulsora da reapertura da mina de Touro, busca comprador, segundo anuncia Reuters. A anulación do permiso ambiental en Riotinto, principal proxecto da empresa, lastra tamén os seus plans en Galicia.
Decretado o aviso laranxa por temporal na Costa da Morte, con ondas que poderían acadar os seis metros. Hai aviso amarelo no resto do litoral e no interior da Coruña e Lugo por vento e chuvias, que chegarán este sábado
A Federación de Asociacións Galegas de Arxentina colabora nun proxecto de lei para catalogar, preservar e poñer en valor a obra de Luís Seoane en Bos Aires. 34 obras do artista serán incorporadas como bens do patrimonio cultural
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística publica un vídeo para promover a realización de mandas testamentarias nas que se lles encomenda aos beneficiarios testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico galego
Este sábado comeza a décima edición do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, dedicada nesta ocasión ao sexo, á provocación e a censura. O certame desenvolverase ata o domingo 21 con proxeccións, concertos, exposicións, conferencias, obradoiros e seminarios. E a tradicional zombiewalk polas rúas da cidade, que terá lugar o 31 de outubro
Extinguido o incendio forestal que afectaba a Rairiz de Veiga (Ourense) despois de queimar 23 hectáreas. A extinción do incendio de Mondariz costou máis de 100.000 euros, segundo Medio Rural
A CIG pide que a nova morte nas obras do AVE en Laza, a novena desde o seu comezo, se incorpore á causa xa aberta por outras anteriores nun xulgado de Verín. O sindicato di que demostra “a ineficacia ou inexistencia das preceptivas medidas de prevención e seguridade”, precariedade laboral que, di, “multiplícase no caso dos operarios/as procedentes de Portugal” e da que fai responsables ás empresas e o Estado.
O comité intercentros da CRTVG lamenta que a TVG emita "por primeira vez" na historia o desfile íntegro das forzas armadas este 12 de outubro. Destacan que xa é un evento emitido pola TVE e que a cobertura da TVG é "innecesaria". "É unha nova utilización política dos medios públicos por parte da dirección", explica.