Néstor Rego revalida a secretaría xeral da Unión do Povo Galego. A UPG celebrou este domingo en Santiago o seu décimo quinto Congreso, en cuxo acto de clausura o tamén deputado no Congreso estivo acompañado pola líder do BNG, Ana Pontón (Imaxe: UPG)
Fálase
A Xunta publica hoxe a convocatoria para funcionarizar arredor de 1.300 postos de persoal laboral. O pasado decembro o Goberno galego sinalou que este proceso beneficiará unhas 1.400 persoas, aínda que Feijóo o anunciara hai sete anos para 6.000.
5A | Unha enquisa de GAD3 para ABC sitúa o PP coa maioría absoluta intacta nas eleccións galegas. Segundo este inquérito, a segunda forza sería o PSdeG con 21 escanos -7 máis- e a terceira, o BNG con 11 -5 máis-. Outorga a cuarta posición á opción que identifica como En Marea e Común da Esquerda, malia seren na actualidade dúas formacións diferentes.
Milleiros de persoas maniféstanse en León, Ponferrada e Villablino reclamando solucións políticas á crise económica e demográfica coa reivindicación da autonomía leonesa como pano de fondo. (Imaxe: CC BY-NC-ND iLeon)
5A | A presidenta de Madrid pide "aglutinar o voto" da dereita "en torno a Núñez Feijóo" porque "por un escano, pódese perder Galicia", sinalou Isabel Díaz Ayuso, que en declaracións que destaca EFE e recolle o xornal El Progreso aposta por apuntalar unha nova maioría absoluta do PP galego. (Imaxe: PP)
Declarado un incendio forestal en Ortigueira, na parroquia de Couzadoiro. Segundo Medio Rural, "afecta a unhas 20 hectáreas". Toda a costa galega está hoxe en alerta laranxa por fortes ventos. (Imaxe: Google Maps). Bombeiros forestais tamén dan conta doutro incendio no Barco de Valdeorras, non sinalado na información oficial da Xunta. O lume foi dado por controlado en Ortigueira contra as 15h.
A Xunta anuncia que publica mañá mañá as primeiras convocatorias para funcionarizar persoal laboral, con algo máis de 1.300 prazas. Segundo o o avanzado o pasado decembro, o proceso chegará a 1.424 persoas con condición de persoal laboral fixo. Hai sete anos, Feijóo anunciara a funcionarización para 6.000.
5A | O PP retería a maioría absoluta por apenas dous escanos, segundo unha enquisa de Metroscopia para El Confidencial, que outorga 39 escanos aos populares, 2 menos que en 2016. O PSdeG sería segunda forza con dous escanos máis que hai catro anos, seguido moi de cerca do BNG, que sería o grupo con maior crecemento, duplicando amplamente a súa representación. Galicia en Común completaría o hemiciclo con 6 escanos, segundo o inquérito. A sondaxe foi realizada os pasados días 11 e 12, cadrando coa convocatoria electoral.
O persoal da CRTVG mobilizado na plataforma Defende a Galega chega ao venres negro número 91. "Ante a próxima cita coas urnas, agardamos expectantes polos compromisos para a CRTVG que están dispostos a plasmar os partidos políticos", resaltan, subliñando como principal reivindicación o cumprimento íntegro da lei dos medios públicos do ano 2011.
Gómez-Reino manifesta a súa disposición a "encabezar unha candidatura á Presidencia da Xunta". Son declaracións do secretario xeral de Podemos Galicia á TVG tras o inicio do proceso de primarias da súa formación e mentres continúan as negociacións do partido con Anova e as mareas municipais á procura dunha complexa coalición. De fracasaren os contactos, todo apunta á conformación de dúas candidaturas diferentes.