IKEA comeza a vender paneis solares nas súas tendas. Mariano Campoy, investigador do CSIC, anima os “Carrefoures, Corte Ingleses e a todas as grandes superficies” a que o imiten e subministren sistemas fotovoltaicos para autoconsumo
Fálase
Este 17 de outubro chega Windows 8.1, a primeira grande actualización de Windows 8. Alt1040 explica as súas características e a forma de instalala.
Mañá comezan as xornadas 'Proxéctate en Galego', organizadas pola USC en Lugo co obxectivo de amosar que "o galego é unha oportunidade e unha lingua aínda máis viva e dinámica do que cres". Nesta ligazón pódese consultar o programa íntegro, que se estende até a fin de semana.
#debate2013 Ás 11 reiníciase a sesión de política xeral no Parlamento co debate das propostas de resolución, 50 do PP e 150 da oposición.
Cancelado o concerto de Albert Pla en Xixón tras dicir que lle daba "noxo" ser español. O Concello suspendeu o espectáculo do catalán a iniciativa do PP.
Deportivo e Lugo caen eliminados na Copa do Rei. Os branquiazuis perderon en Xaén (2-0) e os albivermellos, ante o Recreativo de Huelva (1-0).
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) organizan varias actividades esta semana con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que rebautizan como Día contra a riqueza. O vindeiro mércores presentarán na Praza do Rei de Vigo a ILP por unha Renda Básica
A CEOE pide despido gratis para o primeiro ano de todos os contratos fixos, estendendo así o período de proba presente nos contratos para emprendedores
A empresa canadiana de capital risco Solid Resources proxecta abrir en tres anos en Forcarei a meirande mina de tantalio de Europa
O Comité Olímpico Internacional insta á candidatura de Barcelona a renunciar a organizar os xogos de inverno de 2022. O alcalde da cidade anunciará hoxe o abandono do proxecto.