O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, critica a Consellaría de Industria por non ter adoptado medida de seguridade ningunha na balsa da canteira do Monte Neme, a pesar das repetidas demandas de colectivos e institucións locais. ADEGA compara a rotura deste depósito de 23 mil metros cúbicos cos efectos dun accidente na balsa de cianuro de 11 millóns de metros cúbicos proxectada en Corcoesto.
Fálase
A presión da PAH consegue que Remedios, a muller do barrio vigués de Sárdoma que ía ser expulsada da súa casa cos seus tres fillos, teña unha vivenda en Silleda.
As traballadoras de Cuca regresan ao traballo. Aceptan momentaneamente, á espera dunha resolución dun recurso xudicial, a oferta de Garavilla de desenvolver a súa actividade na planta do Grove, pero contando o desprazamento dende Vilaxoán dentro da súa xornada laboral. Porén, subliñan que "esta non é a sentenza".
O Celta saca un valioso punto ante o Athletic de Bilbao (0-0) en Balaídos e mantense lonxe dos postos de descenso.
O PP recúa no último minuto e recibirá a familia de José Couso, o xornalista galego asasinado en Irak.
Un centro de maiores de Santiago queda sen obradoiros de memoria gratuítos polos recortes da Xunta. Usuarios e usuarias denuncian que non poden facerlles fronte aos 50 euros que lles cobrarán a partir de agora.
O pleno do Parlamento comeza esta mañá a tramitar a reforma electoral coa que o PP pretende recortar a Cámara. Tamén abordará a alternativa formulada polo BNG. Toda a información, hoxe en Praza.
O Congreso dos Deputados acolle hoxe unha votación secreta sobre o dereito ao aborto a instancias do PSOE.
O Goberno central traballa nunha baixada do IVE para as touradas, segundo adianta El Economista.
Ignacio Escolar traza en El Diario un perfil de Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno central en Galicia durante o Prestige e actual director da Garda Civil. "Mentiu durante a marea negra e volveuno facer agora, coa traxedia de Ceuta", na que morreron 15 persoas migrantes.