Galicia viviu unha primavera cálida e seca, destaca o informe presentado este xoves pola Axencia Estatal de Meteoroloxía. As temperaturas medias foron case dous graos superiores á media no interior de Galicia e as precipitacións caeron case á metade do habitual, sobre todo na costa norte e nas comarcas centrais da comunidade.
