Galicia é a segunda comunidade na que menos contribuíntes marcan o recadro da Igrexa á hora de facer a declaración da renda. Só o fai o 27,34%, só por detrás de Cataluña (19,76%), sete puntos por debaixo da media española (34,93%) e vinte por baixo de Murcia, Estremadura, A Rioxa ou Castela-A Mancha
Fálase
Eurofund volve á carga co proxecto de megacentro comercial Porto Cabral, rexeitado en 2013 polos comuneiros. Para superar o obstáculo da anulación do PXOM de Vigo, a empresa propón a vía da supramunicipalidade, para o que xa se puxo en contacto co Concello e a Xunta.
Consulta aquí o especial que eldiario.es lle dedica ao Día da Muller, centrado sobre todo nos coidados e no paro convocado para este 8 de marzo
VÍDEO | Así soou o himno galego no regreso da selección feminina de fútbol sala. O Galicia-Catalunya que se está a xogar no Santa Isabel de Santiago pódese seguir ao vivo na web da TVG
O Goberno rexeita a cesión á cidade de Ferrol do antigo edificio da alfándega, no Peirao de Curuxeiras, alegando que está á venda. O Executivo, que espera obter 280 mil euros da operación, négase a realizar labores de conservación no inmoble, construído en 1935. O Concello leva máis dunha década reclamando a súa titularidade para destinalo a usos públicos.
O Teatro Afundación de Vigo cancela o espectáculo de Jorge Cremades. "A violencia machista é unha grave lacra social e non podemos ser insensibles ao rexeitamento" das "declaracións" do cómico, indica a entidade dependente de Abanca nun comunicado. A pasada semana a Deputación da Coruña pedira a cancelación do espectáculo no Teatro Colón da Coruña e a empresa concesionaria asegurara que non era posible.
Feijóo pide un "feminismo sen etiquetas" e "defensa da muller sen adxectivos" nun acto sobre liderado feminino organizado pola Xunta na véspera do 8 de marzo. Recólleo Europa Press na súa web. A pasada fin de semana o presidente da Xunta instou nun acto do PP a "non politizar a igualdade" porque sería "unha falta de respecto" ás mulleres.
O TSXG rexeita todas as causas de nulidade contra o PXOM de Lugo agás as referidas ao polémico edificio do Garañón, que o goberno local prevé derrubar. Adiántao El Progreso
Denuncian ante a Valedora do Pobo a contratación irregular de centos de persoas en Correos. A CGT calcula que arredor de 1.000 contratos formalizáronse sen proba selectiva ningunha e a Inspección de Traballo xa sancionara a empresa pública por 600 contratacións ilegais.
VÍDEOS | O afundimento do Prestige e imaxes do Camiño de Santiago e varias cidades galegas, entre os contidos ligados a Galicia no arquivo da RTP, que a televisión portuguesa vén de dixitalizar e liberar integramente na súa web.