Conde Roa, condenado a dous anos de prisión por un delicto de fraude fiscal. Deberá tamén pagar unha multa de 582.000 euros, acusado de no abonar 291.000 euros de IVE pola venda de 61 vivendas en 2010 construidas pola súa promotora
Fálase
O alcalde de Zaragoza pide a suspensión da autonomía de Cataluña. O socialista Belloch insiste en que a finalidade de ETA e do proceso catalán son a mesma.
O 'número dous' de Berlusconi racha co seu líder e pide votar a favor de Letta para non romper o goberno italiano.
O BNG e Anova reúnense mañá en Compostela para abordar as posibilidades de conformación dunha candidatura para as eleccións europeas.
Anova e Izquierda Unida reuníronse esta mañá en Compostela para "intercambiar posicionamentos e opinións sobre a necesaria ruptura democrática" e a súa "posíbel incidencia nas vindeiras eleccións europeas". Na xuntanza, enmarcada no "panel de contactos coas forzas políticas nacionalistas galega se da esquerda rupturista", participaron Xosé Manuel Beiras e o secretario de organización de IU, Miguel Reneses.
A Mesa lamenta o "paso atrás" de Renfe, que recupera a utilización de toponimia galega deturpada como La Coruña ou Orense.
Este verán o xornal luso Público comezou a publicar na súa sección Portugueses Com Certeza historias de mozos e mozas "com talento espalhados pelo mundo". Este martes tráenos a historia de João Medeiros, xornalista, que pasou de estar no paro en Portugal a converterse en Londres en editor de Ciencia da revista Wired.
A cooperativa de enerxía verde Som Energia chega aos 10.000 socios, despois de tres anos en activo. Busca “transformar o modelo enerxético actual, converténdose nun actor económico do mercado enerxético, pero promocionando as enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a implicación da cidadanía".
A biblioteca virtual Bivir chega xa ás 170 obras mestras da literatura universal, traducidas ao galego e dispoñibles en pdf para a súa descarga de balde.
Google lanza Google Web Designer, unha ferramenta que permite crear anuncios en HTML5, linguaxe compatible e unificada para todos os usuarios e plataformas.