Nas eleccións municipais de maio 21 concellos galegos elixirán menos edís por mor do seu descenso poboacional. Só crecen catro.
Fálase
CGT convoca unha folga en Renfe este venres. Os paros afectarán en Galicia sobre todo aos servizos de media distancia, cancelándose dez trens en Vigo e sete na Coruña
El Diario analiza nunha reportaxe o crecemento en Grecia das iniciativas de autoxestión, a economía cooperativa e as redes de solidariedade
Este luns ábrese o prazo para votar os consellos cidadáns e secretarios xerais locais de Podemos. As persoas inscritas na formación poderán votar a través da web ata o día 30. E o día 2 anunciaranse os resultados.
Este 25 de nadal Praza non se actualizará por descanso do persoal. Pasádeo ben!
Podemos convida a compartir en Twitter os comentarios que xurdan sobre a formación durante as ceas de Noiteboa
Cáritas reproba o panfleto editado polos responsables do seu roupeiro na Coruña no que se informaba dunha quenda para "xitanos" e outra, para "persoas en xeral".
Hoxe hai un ano finou Germán Coppini. O grupo malagueño Nectar estrea o videoclip da última canción gravada polo cantante de Golpes Bajos e Siniestro Total
Falece Baldomero Cores, académico, xornalista e primeiro letrado do Parlamento
Baltar admitiu ante a xuíza que o PP de Ourense recibía doazóns en metálico, segundo figura no novo treito do sumario da Pokémon que xa non é segredo. Nel tamén figura a investigación sobre o patrimonio do alcalde de Lugo, que segundo Vixilancia Aduaneira é menos do declarado polo propio Orozco na súa declaración de bens no Concello. Operación Pokémon