As inscricións nas oficinas de emprego baixaron en 9.973 en Galicia o pasado maio e quedaron en 189.665, o nivel máis baixo dende 2008. Son 17.655 menos que un ano antes. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social aumentou en 8.573 persoas no mesmo mes, o que implica un incremento de 21.949 a respecto do mesmo mes de 2016. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
O PP xustifica o seu veto a declarar o eucalipto "especie invasora" porque non existe "consenso científico", afirma o ourensán Miguel Viso en resposta á iniciativa defendida por En Marea. Recólleo eldiario.es
O Goberno de Portugal publica as principais comunicacións, documentos e auditorías oficiais do incendio de Pedrógão Grande. Pódense consultar e descargar na web do Executivo portugués.
Gerardo Conde Roa declara hoxe como investigado en Lugo polo presunto financiamento irregular do PP de Santiago. A declaración do ex-alcalde de Santiago foi adiada o pasado xuño porque reside en Alemaña.
O DOG dá conta do recurso de inconstitucionalidade de En Marea contra a lei da Xunta para nomear 'a dedo' os letrados do Consello Consultivo.
Unha enquisa sinala unha suba de intención de voto ao PSOE tras a vitoria de Sánchez e outra, unha baixada. eldiario.es recolle ambos inquéritos.
A plataforma de vítimas do accidente do Alvia marchará entre a estación de tren de Compostela e a Praza do Obradoiro o vindeiro 24 de xullo, no cuarto aniversario da traxedia, demandando un ano máis "verdade e xustiza" e con máis esperanza en que se investiguen e xulguen as responsabilidades políticas do sinistro.
Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais nos últimos 5 anos. Carballo (Carballo), Montes (Cualedro), O Pereiro (A Mezquita) e Pontellas (O Porriño) encabezan a lista. Ames impulsa un programa para plantar un milleiro de castiñeiros, nogueiras, abrairas e cerdeiras como forma de loitar contra o lume
Este domingo péchase en Combarro o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Un recital poético, presentacións editoriais ou o proxecto Sentir o mar de navegación para persoas cegas protagonizaron a derradeira xornada
Vén de botar a andar no MARCO a investigación Vigo Rebelde, o metal en loita, un proxecto experimental e colectivo que percorre o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade