O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os líderes das principais forzas políticas galegas mantiveron este domingo pola tarde un encontro a través de videoconferencia
Fálase
A residencia da terceira idade San Carlos, en Celanova, rexistra 24 novos casos de coronavirus, 11 entre as traballadoras e 13 entre as persoas residentes. Unha das internas do centro, de 89 anos, faleceu hai uns días a causa do virus, polo que se decidiu facer probas a todo o persoal e residentes. A posibilidade de contaxios nestas instalacións é unha das maiores preocupacións nestes momentos. O persoal alerta da falta de medidas de protección.
Moléculas en Galego explica nesta infografía como funciona o test do coronavirus
Chegan os primeiros pacientes con coronavirus ás instalacións hospitalarias habilitadas no recinto feiral de Ifema, en Madrid, que nunha primeira fase contará con 1.300 camas convencionais e 96 de UCI. A elevada incidencia do coronavirus na rexión de Madrid e o gran número de persoas en UCI, máis de 700 (a metade do total no Estado), obrigou a tomar esta medida.
O Goberno central prorrogará o estado de alarma e o confinamento obrigatorio cando menos 15 días máis. Así llo comunicou Pedro Sánchez a todos os presidentes autonónicos a través de teleconferencia. A medida, estendida ata o remate da Semana Santa, deberá ser aprobada polo Congreso
Italia ordena o peche en todo o territorio "de todas as actividades produtivas non necesarias e indispensables para garantir servizos esenciais", cando menos ata o día 3 de abril. Continuarán abertos supermercados e negocios de primeira necesidade. Ata o momento 4.800 persoas no país por mor do coronavirus
Pedro Sánchez advirte de que "o peor está por chegar" e evita poñer unha data ao remate do confinamiento. O presidente do Goberno central pide manter a "unidade" e rexeita entrar en reproches ante as críticas realizadas por algúns presidentes autonómicos, como Torra ou Ayuso. O Ministerio de Sanidade informa de que nos vindeiros días chegarán 640.000 tests rápidos para detectar o coronavirus.
O Servizo de Extinción de Incendios do Aeroporto da Coruña únese, con gaita e con bucinas, ao recoñecemento a todos os profesionais que están a loitar contra o coronavirus
A Esmorga pódese ver de balde na rede ata este luns na súa versión orixinal en galego. A produtora do filme, Vía Láctea, púxoa a disposición de todo o mundo para facer máis levadeiro o confinamento obrigado polo coronavirus. Recuperamos unha entrevista de 2014 co seu director, Ignacio Vilar, que destacaba aquí que "a xente sae orgullosa de ver A Esmorga"
O número de positivos polo Covid-19 en España achégase ás 25.000, con case cinco mil novos casos rexistrados este venres. O número de falecementos sitúase nos 1.326, 324 máis que onte. A Xunta detallará os datos galegos antes do mediodía.