40 embarcacións participaron este sábado na protesta convocada pola plataforma SOS Ría de Pontevedra, en demanda dunha ría limpa de contaminación, coincidindo co Día dos Océanos.

40 embarcacións participaron este sábado na protesta convocada pola plataforma SOS Ría de Pontevedra, en demanda dunha ría limpa de contaminación, coincidindo co Día dos Océanos.
O Dépor xogará os play-off de ascenso a Primeira División. Derrotou o Córdoba (2-0) e enfrontarase este mércores ao Málaga en Riazor buscando chegar á eliminatoria final
O Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE aproba unha resolución para apoiar gobernos progresistas en todos os concellos onde se poida constituír unha maioría alternativa ao PP. Gonzalo Caballero anuncia “a oposición máis sólida e contundente” para “construír a mellor alternativa” a Feijóo. Ana Pontón tamén anticipa que onde o PP non teña maioría, o BNG "actuará con responsabilidade" para evitar gobernos de dereitas.
Veciñanza e familiares das 23 homenaxeadas dan os últimos retoques ao Mural das Mulleres, que se inaugurará o vindeiro xoves en Pontevedra. A obra foi realizada por Polo Correo do Vento e Rei Zentolo e inclúe a Amalia Álvarez, Carmen Durán, Ernestina Otero, María Victoria Moreno, Clara López, Mercedes Ruibal e Leonor González (Nené), entre outras pontevedresas
Este venres celebrouse a XIII Marcha a Pé Ferrol–Mugardos, unha protesta anual organizada polo Comité Cidadán que dende 2007 esixe o traslado da planta de gas de Reganosa fóra da Ría de Ferrol, salientando "a ilegalidade e o perigo" da instalación
A Asociación Cultural Lisístrata convoca a primeira edición do primeiro Premio de Oratoria Filomena Dato co obxectivo de promover a expresividade e a expresión do idioma galego e de homenaxear á escritora e pioneira do feminismo galego. O tema escollido é a sororidade
VÍDEO | Ti fai o que eu che diga #3. Volve o agardadísimo Consultorio Vinte con María Lado, Iria Pinheiro e Lucía Aldao. Desta volta, con respostas sobre amantes dunha noite, unllas, literatura erótica, xubilación, política, Instagram... Xa podes velo aquí
Pedro Sánchez xa ten formalmente a encomenda de formar goberno. Iniciará as negociacións con Unidas Podemos e despois falará co PP e Ciudadanos.
Praza Pública participa na tarde deste xoves na biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo nunha mesa redonda sobre os xornais dixitais galegos organizada pola Asociación Cultural Pertenza. O acto comeza ás 19.30 horas moderado por Xosé López, catedrático de Xornalismo.
Feijóo conclúe que o "pacto normal" en Ourense sería que o PSdeG "deixe gobernar" a Baltar e que o PP faga o mesmo cos socialistas no Concello. A xuízo do presidente da Xunta, isto implicaría "sentido común" e "respectar as urnas", aínda que o organismo provincial non é votado directamente pola cidadanía. Afirmouno ao remate do Consello da Xunta. (Imaxe: David Cabezón / Xunta)