Pedro Sánchez xa ten formalmente a encomenda de formar goberno. Iniciará as negociacións con Unidas Podemos e despois falará co PP e Ciudadanos.
Fálase
Praza Pública participa na tarde deste xoves na biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo nunha mesa redonda sobre os xornais dixitais galegos organizada pola Asociación Cultural Pertenza. O acto comeza ás 19.30 horas moderado por Xosé López, catedrático de Xornalismo.
Feijóo conclúe que o "pacto normal" en Ourense sería que o PSdeG "deixe gobernar" a Baltar e que o PP faga o mesmo cos socialistas no Concello. A xuízo do presidente da Xunta, isto implicaría "sentido común" e "respectar as urnas", aínda que o organismo provincial non é votado directamente pola cidadanía. Afirmouno ao remate do Consello da Xunta. (Imaxe: David Cabezón / Xunta)
Santiago acolle na tarde deste xoves a presentación da máis completa biografía de Castelao feita ata gora. Castelao, construtor da nación, de Miguel Anxo Seixas e coeditada polo Consorcio de Santiago e Galaxia, recolle material que estaba en mans privadas. O primeiro tomo, 1886-1930, preséntase ás 19.30 horas no Museo do Pobo Galego.
A borrasca Miguel xa está sobre Galicia. En 4gotas explican polo miúdo as súas posibles consecuencias e algunhas das curiosidades ligadas a este fenómeno meteorolóxico.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia outorga o seu máximo galardón ao investigador Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC. Carracedo recibirá este venres o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade no marco do encontro Achegas da Psicoloxía. Lembra aquí a noite na que o campo da festa aplaudiu a un científico
Benedicta Sánchez, Jeanne Picard, Marisa Crespo, Teresa Portela e o colectivo profesional das redeiras, Medallas Castelao 2019. As distincións veñen de ser aprobadas polo Consello da Xunta.
Primeira xuntanza no Concello de Santiago para o traspaso de poderes entre Compostela Aberta e PSdeG. Martiño Noriega e Xosé Sánchez Bugallo encabezaron o encontro de cadanseus equipos, onde o goberno en funcións entregou unha vintena de informes ao futuro gabinete socialista.
Comezan os despedimentos no PP por mor perda de ingresos causada pola derrota nas xerais. Parte do persoal despedido denuncia que o partido pretende minguarlle a indemnización por despedimento tratándoo como eventual malia ser indefinido. Cóntao eldiario.es
Yolanda Díaz participa no nome de Galicia en Común na rolda de consultas co rei para a investidura de Pedro Sánchez. A formación, parte do grupo de Unidas Podemos, avanzou o seu apoio a un goberno "progresista" que, di, non debe ser "monocolor" e concretar "compromisos para Galicia" en materia industrial ou de "infraestruturas ferroviarias", entre outros.