A borrasca Miguel xa está sobre Galicia. En 4gotas explican polo miúdo as súas posibles consecuencias e algunhas das curiosidades ligadas a este fenómeno meteorolóxico.
Fálase
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia outorga o seu máximo galardón ao investigador Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC. Carracedo recibirá este venres o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade no marco do encontro Achegas da Psicoloxía. Lembra aquí a noite na que o campo da festa aplaudiu a un científico
Benedicta Sánchez, Jeanne Picard, Marisa Crespo, Teresa Portela e o colectivo profesional das redeiras, Medallas Castelao 2019. As distincións veñen de ser aprobadas polo Consello da Xunta.
Primeira xuntanza no Concello de Santiago para o traspaso de poderes entre Compostela Aberta e PSdeG. Martiño Noriega e Xosé Sánchez Bugallo encabezaron o encontro de cadanseus equipos, onde o goberno en funcións entregou unha vintena de informes ao futuro gabinete socialista.
Comezan os despedimentos no PP por mor perda de ingresos causada pola derrota nas xerais. Parte do persoal despedido denuncia que o partido pretende minguarlle a indemnización por despedimento tratándoo como eventual malia ser indefinido. Cóntao eldiario.es
Yolanda Díaz participa no nome de Galicia en Común na rolda de consultas co rei para a investidura de Pedro Sánchez. A formación, parte do grupo de Unidas Podemos, avanzou o seu apoio a un goberno "progresista" que, di, non debe ser "monocolor" e concretar "compromisos para Galicia" en materia industrial ou de "infraestruturas ferroviarias", entre outros.
O Congreso decide que as suspensións dos deputados cataláns en prisión conten como catros abstencións, o que facilita a investidura de Sánchez en segunda volta. A Mesa da Cámara asume un informe dos letrados que mantén a maioría absoluta en 176 deputados malia a suspensión dos cataláns. Na segunda votación da investidura, onde o candidato só necesita máis votos a favor que en contra, esas abstencións permitirían a Sánchez volver á Moncloa co apoio de PSOE, Unidas Podemos, PNV e Coalición Canaria sen necesidade dos independentistas.
Oliver Laxe, Benedicta Sánchez e outros membros do equipo d'O que arde, recibidos na residencia oficial de Monte Pío tras o éxito da película no Festival de Cannes. (Imaxe: Ana Varela/Xunta)
A Xunta anuncia un programa de "voluntariado" en festivais de música para mozas e mozos, que recibirán un "bono de acceso" ao evento a cambio dese labor. A Dirección Xeral de Xuventude vén de divulgar as condicións do proxecto xunto ás empresas promotoras destes eventos. Ante as "informacións" sobre a iniciativa, Festivais de Galicia publicou este mércores un comunicado no que subliña que "non proporciona entradas a cambio de traballo".
O CD Lugo culmina a permanencia na Segunda División tras rematar 0-0 fronte ao Tenerife e o Dépor chega ao remate da Liga con opcións de xogar o ascenso á Primeira. (Imaxe: CD Lugo)