Oliver Laxe, Benedicta Sánchez e outros membros do equipo d'O que arde, recibidos na residencia oficial de Monte Pío tras o éxito da película no Festival de Cannes. (Imaxe: Ana Varela/Xunta)
Fálase
A Xunta anuncia un programa de "voluntariado" en festivais de música para mozas e mozos, que recibirán un "bono de acceso" ao evento a cambio dese labor. A Dirección Xeral de Xuventude vén de divulgar as condicións do proxecto xunto ás empresas promotoras destes eventos. Ante as "informacións" sobre a iniciativa, Festivais de Galicia publicou este mércores un comunicado no que subliña que "non proporciona entradas a cambio de traballo".
O CD Lugo culmina a permanencia na Segunda División tras rematar 0-0 fronte ao Tenerife e o Dépor chega ao remate da Liga con opcións de xogar o ascenso á Primeira. (Imaxe: CD Lugo)
A Avogacía do Estado limita a sedición ao 1-O e nega a rebelión: "A violencia estrutural non está probada". Rexeita que Jordi Sànchez e Jordi Cuixart quixesen impedir os rexistros xudiciais do 20 de setembro, como si pensan os fiscais.
A Fiscalía asume a tese de que o proceso soberanista catalán foi un "golpe de Estado" e cualifica a Junqueras de "motor da rebelión". O Ministerio Público expuxo o seu informe final no xuízo contra os líderes independentistas no Supremo. Na imaxe, o fiscal Javier Zaragoza nunha das sesións do xuízo.
A Xunta considera "incompatible" coa "cohesión social" mostrar bandeiras nacionalistas ou co escudo de Castelao nos estadios de fútbol. Así o asegurou o secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, ao responder a unha pregunta do BNG.
Nacen dous exemplares de píllara das dunas, ave do ano 2019, no centro de recuperación de Oleiros. Os dous ovos foron avistados e recollidos en Corrubedo, nunha zona que ía ser alcanzada por mareas vivas, e alí volverán as aves cando medren. A presión humana sobre as praias é outro dos riscos para esta especie en Galicia.
O Supremo paraliza a exhumación de Franco do Val dos Caídos. Os maxistrados deteñen o proceso cautelarmente ata que tomen unha decisión definitiva sobre o traslado.
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego en Galicia baixaron en 5.421 en maio, ata as 160.805. Son 15.891 menos que hai un ano. No mesmo mes a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 7.814 persoas e a cifra total fica en 1,02 millóns, 20.315 máis que en maio de 2018. Máis información, hoxe en Praza.gal
Corina Porro perfílase como presidenta da xestora do PP de Vigo tras a dimisión da súa líder, Elena Muñoz, polos malos resultados electorais do 26M. A ex-conselleira e antiga alcaldesa viguesa transmitiu esta posibilidade a membros do Consello Económico e Social, que actualmente preside, para coñecer o seu parecer, segundo confirman fontes do organismo consultadas por Praza.gal.