O CD Lugo culmina a permanencia na Segunda División tras rematar 0-0 fronte ao Tenerife e o Dépor chega ao remate da Liga con opcións de xogar o ascenso á Primeira. (Imaxe: CD Lugo)
Fálase
A Avogacía do Estado limita a sedición ao 1-O e nega a rebelión: "A violencia estrutural non está probada". Rexeita que Jordi Sànchez e Jordi Cuixart quixesen impedir os rexistros xudiciais do 20 de setembro, como si pensan os fiscais.
A Fiscalía asume a tese de que o proceso soberanista catalán foi un "golpe de Estado" e cualifica a Junqueras de "motor da rebelión". O Ministerio Público expuxo o seu informe final no xuízo contra os líderes independentistas no Supremo. Na imaxe, o fiscal Javier Zaragoza nunha das sesións do xuízo.
A Xunta considera "incompatible" coa "cohesión social" mostrar bandeiras nacionalistas ou co escudo de Castelao nos estadios de fútbol. Así o asegurou o secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, ao responder a unha pregunta do BNG.
Nacen dous exemplares de píllara das dunas, ave do ano 2019, no centro de recuperación de Oleiros. Os dous ovos foron avistados e recollidos en Corrubedo, nunha zona que ía ser alcanzada por mareas vivas, e alí volverán as aves cando medren. A presión humana sobre as praias é outro dos riscos para esta especie en Galicia.
O Supremo paraliza a exhumación de Franco do Val dos Caídos. Os maxistrados deteñen o proceso cautelarmente ata que tomen unha decisión definitiva sobre o traslado.
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego en Galicia baixaron en 5.421 en maio, ata as 160.805. Son 15.891 menos que hai un ano. No mesmo mes a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 7.814 persoas e a cifra total fica en 1,02 millóns, 20.315 máis que en maio de 2018. Máis información, hoxe en Praza.gal
Corina Porro perfílase como presidenta da xestora do PP de Vigo tras a dimisión da súa líder, Elena Muñoz, polos malos resultados electorais do 26M. A ex-conselleira e antiga alcaldesa viguesa transmitiu esta posibilidade a membros do Consello Económico e Social, que actualmente preside, para coñecer o seu parecer, segundo confirman fontes do organismo consultadas por Praza.gal.
O Supremo denega autorización a Jordi Sànchez para representar a JxCat na rolda de consultas co rei previa á sesión de investidura no Congreso.
Xabier Cid presenta o seu novo libro, 'As bicis', este martes na libraría Couceiro de Santiago ás 19.30 horas. "A nostalxia paréceme extremadamente ruidosa, vaidosa. Merda de morriña", dicía en entrevista con Praza.gal tras recoller o premio da XXI edición do Certame de Poesía do Concello de Carral no que foi premiada a obra.