Xabier Cid presenta o seu novo libro, 'As bicis', este martes na libraría Couceiro de Santiago ás 19.30 horas. "A nostalxia paréceme extremadamente ruidosa, vaidosa. Merda de morriña", dicía en entrevista con Praza.gal tras recoller o premio da XXI edición do Certame de Poesía do Concello de Carral no que foi premiada a obra.
Fálase
Ciudadanos aborda dende hoxe os pactos para formar gobernos tras o 26M. Entre as decisións que ten que tomar o partido de Albert Rivera está a de propiciar ou non que o PP siga gobernando na Deputación de Ourense, onde os de Baltar perderon a maioría absoluta tras tres décadas de dominio.
O Racing de Ferrol regresa á 2ªB un ano despois do seu descenso. Mentres, o Celta B logrou manterse na categoría e o Compostela caeu na loita polo ascenso tras perder a eliminatoria fronte ao Alavés B.
Falece Ánxela Franco, concelleira do BNG en Porto do Son e deputada provincial responsable das áreas de Igualdade e Servizos Sociais que viña de renovar a súa acta nas eleccións do pasado domingo. Finou no Hospital Clínico de Santiago, onde estaba ingresada.
A partir deste domingo o rei emérito Juan Carlos I deixará de desenvolver actividades institucionais, coincidindo co quinto aniversario da súa abdicación.
Este sábado cúmprese un ano da moción de censura que apartou a Mariano Rajoy e fixo presidente a Pedro Sánchez tras a condena do PP polo caso Gürtel. Púxose así fin ao que Anxo Lugilde definiu como os 1.942 días de Mariano co "veleno dentro". A sentenza describe fraude no PP dende a súa fundación, pero en Galicia, Feijóo negou que o partido estivese condenado e o presidente do Parlamento, malia non avalalo os letrados, prohibiu que esa palabra se empregase na Cámara. O caso tamén implicou que un ex-deputado autonómico, Pablo Crespo, se convertese no primeiro da historia da autonomía encarcerado por corrupción e que Feijóo volvese soar como líder estatal do partido, ao que renunciou dúas semanas despois deixando a porta aberta á vitoria de Pablo Casado.
A ex-senadora do PP Marta Lucio volve á dirección do Museo do Mar de Vigo, que xa ocupara durante catro anos antes de ser elixida en 2015 para a Cámara Alta.
O persoal mobilizado da TVG e da Radio Galega celebra o #VenresNegro54CRTVG reivindicando #ANosaMarca. "Ás galegas e aos galegos nos debemos. Eles son os auténticos propietarios dos medios públicos, por riba dos intereses do Goberno de turno", din tras superar un ano de mobilizacións.
Guadi Galego e Iván Ferreiro estrean a súa colaboración con Cedeira, unha versión do tema que a artista galega dedica á súa terra natal.
Coas temperaturas disparadas, o risco extremo de incendios esténdese este venres por boa parte da provincia de Ourense, todo o val do Miño ata Lugo e as Rías Baixas. Só nos tres primeiros meses do ano xa ardera máis que en todo 2018.