A partir deste domingo o rei emérito Juan Carlos I deixará de desenvolver actividades institucionais, coincidindo co quinto aniversario da súa abdicación.
Fálase
Este sábado cúmprese un ano da moción de censura que apartou a Mariano Rajoy e fixo presidente a Pedro Sánchez tras a condena do PP polo caso Gürtel. Púxose así fin ao que Anxo Lugilde definiu como os 1.942 días de Mariano co "veleno dentro". A sentenza describe fraude no PP dende a súa fundación, pero en Galicia, Feijóo negou que o partido estivese condenado e o presidente do Parlamento, malia non avalalo os letrados, prohibiu que esa palabra se empregase na Cámara. O caso tamén implicou que un ex-deputado autonómico, Pablo Crespo, se convertese no primeiro da historia da autonomía encarcerado por corrupción e que Feijóo volvese soar como líder estatal do partido, ao que renunciou dúas semanas despois deixando a porta aberta á vitoria de Pablo Casado.
A ex-senadora do PP Marta Lucio volve á dirección do Museo do Mar de Vigo, que xa ocupara durante catro anos antes de ser elixida en 2015 para a Cámara Alta.
O persoal mobilizado da TVG e da Radio Galega celebra o #VenresNegro54CRTVG reivindicando #ANosaMarca. "Ás galegas e aos galegos nos debemos. Eles son os auténticos propietarios dos medios públicos, por riba dos intereses do Goberno de turno", din tras superar un ano de mobilizacións.
Guadi Galego e Iván Ferreiro estrean a súa colaboración con Cedeira, unha versión do tema que a artista galega dedica á súa terra natal.
Coas temperaturas disparadas, o risco extremo de incendios esténdese este venres por boa parte da provincia de Ourense, todo o val do Miño ata Lugo e as Rías Baixas. Só nos tres primeiros meses do ano xa ardera máis que en todo 2018.
A Mesa do Congreso vén de facer públicos os grupos que haberá na cámara esta lexislatura, sete ademais do Grupo Mixto, no que estará JxCat ao non aceptarse a súa petición de grupo propio.
A Marea Atlántica decidirá o vindeiro xoves 6 de xuño a súa postura na sesión de investidura na Coruña e decide incorporar a Xulio Ferreiro á súa coordinadora logo de que renunciase á acta de concelleiro. A Rede da candidatura municipalista reúnese a vindeira semana para determinar a postura do seu grupo no pleno.
O val do Miño despide este venres o mes de maio en aviso amarelo por temperaturas superiores aos 36 graos en Ourense e os 34 graos en Pontevedra. Meteogalicia prevé que o aviso se manteña o sábado, cando as temperaturas superarán os 30 na maior parte de Galicia.
A ministra de Economía pecha a porta a reverter a reforma laboral e pide "non dedicar enerxías a mirar ao pasado". Nadia Calviño centra o futuro marco laboral no "novo Estatuto dos Traballadores do século XXI".