A Marea Atlántica decidirá o vindeiro xoves 6 de xuño a súa postura na sesión de investidura na Coruña e decide incorporar a Xulio Ferreiro á súa coordinadora logo de que renunciase á acta de concelleiro. A Rede da candidatura municipalista reúnese a vindeira semana para determinar a postura do seu grupo no pleno.
Fálase
O val do Miño despide este venres o mes de maio en aviso amarelo por temperaturas superiores aos 36 graos en Ourense e os 34 graos en Pontevedra. Meteogalicia prevé que o aviso se manteña o sábado, cando as temperaturas superarán os 30 na maior parte de Galicia.
A ministra de Economía pecha a porta a reverter a reforma laboral e pide "non dedicar enerxías a mirar ao pasado". Nadia Calviño centra o futuro marco laboral no "novo Estatuto dos Traballadores do século XXI".
O CIS coloca o PP como cuarta forza en voto directo, por baixo de Ciudadanos e de Unidas Podemos no Estado. Máis do 45% dos españois quere un goberno de coalición e o 38,2% en solitario do PSOE.
A Fiscalía mantén a acusación de rebelión e os 25 anos de cadea para Oriol Junqueras. A Avogacía do Estado ratifícase na sedición e penas de 12 anos para o líder de ERC, once para os ex-consellers e oito para os Jordis.
Té con Gotas publica o seu novo podcast, unha análise do resultado das eleccións europeas no Reino Unido e a vitoria do Brexit Party. A ollada galega desde Londres alcanza o seu 10º podcast.
O Goberno central confirma que a Autovía Santiago-Lugo estará rematada en 2022 como deixara contratado Rajoy e despois de que Feijóo criticase en campaña que non estaría para o Xacobeo 2021. Tras poñerse en servizo o pasado venres, último día da campaña, o treito Lavacolla-Arzúa, este mércores o delegado do Goberno, Javier Losada, organizou un acto inaugural no que garantiu “os prazos marcados polo Goberno anterior”.
Vinte fala con Chema Díaz, o deseñador do Grove e DJ que viste as Spice Girls no seu retorno.
Xulio Ferreiro renuncia á súa acta de concelleiro e abandona a "vida institucional". O aínda rexedor non seguirá á fronte da Marea Atlántica no Concello da Coruña, pero non deixa a formación. Consulta aquí toda a información sobre o seu anuncio de dimisión
Paco Zas, novo presidente do Deportivo da Coruña tras lograr o apoio do 53% na xunta xeral de accionistas do club, celebrada no serán do martes.