Té con Gotas publica o seu novo podcast, unha análise do resultado das eleccións europeas no Reino Unido e a vitoria do Brexit Party. A ollada galega desde Londres alcanza o seu 10º podcast.
Fálase
O Goberno central confirma que a Autovía Santiago-Lugo estará rematada en 2022 como deixara contratado Rajoy e despois de que Feijóo criticase en campaña que non estaría para o Xacobeo 2021. Tras poñerse en servizo o pasado venres, último día da campaña, o treito Lavacolla-Arzúa, este mércores o delegado do Goberno, Javier Losada, organizou un acto inaugural no que garantiu “os prazos marcados polo Goberno anterior”.
Vinte fala con Chema Díaz, o deseñador do Grove e DJ que viste as Spice Girls no seu retorno.
Xulio Ferreiro renuncia á súa acta de concelleiro e abandona a "vida institucional". O aínda rexedor non seguirá á fronte da Marea Atlántica no Concello da Coruña, pero non deixa a formación. Consulta aquí toda a información sobre o seu anuncio de dimisión
Paco Zas, novo presidente do Deportivo da Coruña tras lograr o apoio do 53% na xunta xeral de accionistas do club, celebrada no serán do martes.
A Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA) lanzou este martes desde Ordes a súa cuarta sonda á estratosfera. O lanzamento estaba previsto para o pasado día 10 pero as condicións climatolóxicas impedírono. Seis institutos forman xa parte do proxecto que nesta ocasión busca, entre outros experimentos- probar a teoría da relatividade especial de Einstein estudando os muóns froito da descomposición dos raios cósmicos.
Detidos varios futbolistas de Primeira e Segunda por amaño de partidos para obter beneficios en apostas deportivas. Formarían parte dunha rpesunta organización criminal. Entre os arrestados, o galego Borja Fernández e o xogador do Deportivo Íñigo López.
Ciudadanos ábrese agora a pactos co PSOE nalgunhas autonomías tras afirmar que os desbotaba. Entre as negociacións cos socialistas figurarían eventuais pactos nos gobernos autonómico e municipal en Madrid.
Vox non obtén representación en ningún dos 13 concellos en que presentaba candidatura en Galicia, con Baiona, co 4%, co seu mellor resultado en porcentaxe e A Coruña, con 2.655 votos (2,1%) en sufraxios. En Baiona a súa candidata era ata agora tenente de alcalde do PP e o seu número 2 fora o único cargo público da historia de UPyD en Galicia. Fronte aos 10.000 votos das municipais, nas europeas recibiu en Galicia 37.000, o 2,58%
“Os tiburóns son boa xente”, dille a Vinte Xaime Beiro, submarinista audiovisual de Louro e experto en 'motion graphics' que fala de nécoras, Instagram e o mar galego.