Estudantes ocupan simbolicamente a Consellería de Educación a dous días da folga convocada por Erguer e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Os activistas despregaron unha pancarta desde a fiestra na que se lía “Por unha Lei Galega de Educación. Folga 16 de novembro”.
Fálase
PP e Unidos Podemos e as súas confluencias baixan a súa expectativa de voto e PSOE e Ciudadanos mellórana tras a aplicación do 155 en Catalunya. Así o reflicte a enquisa que publica eldiario.es de Celeste-Tel.
O PP de Vigo reclama á Xunta que retire o cobro de taxas por fondear nas Cíes. “Non se entenden”, di a portavoz municipal e ex-conselleira de Facenda Elena Muñoz.
Gonzalo Caballero designa xestoras para dirixir o PSdeG na Coruña e Ourense ata as primarias dos próximos meses. Na Coruña estará encabezada polo vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, e en Ourense por Miguel Bautista, alcalde de Petín. A medida prodúcese tras a dimisións de Julio Sacristán como secretario provincial na Coruña e da metade da executiva ourensá. En Ourense as primarias serán o 17 de decembro pero na Coruña aínda non hai data.
O ministro de Xustiza ocultou que o fallo do sistema Lexnet propiciou máis de 400 descargas de documentación confidencial. Cóntao eldiario.es
Puigdemont liderará unha candidatura transversal do PDeCAT que tamén incluirá os ex-consellers cesados que queiran unirse.
Antón Sánchez cre que a posición do PSOE con Catalunya é "indigna" por "estaren do lado da regresión fascista". O deputado lembra que o dereito de autodeterminación está no programa de En Mara e é un "fundamento esencial" no proxecto.
Polémica polo cartel da Xunta para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero do vindeiro 25 de novembro. Diferentes voces na oposición e no feminismo censuran o "paternalismo" da mensaxe e a "cousificación" das mulleres. En Marea xa pediu a súa retirada.
A asemblea da CUP decide presentarse ás eleccións do 21-D cunha candidatura ampla e "claramente rupturista, independentista e de esquerdas"
Os comuns de Ada Colau rachan o pacto co PSC en Barcelona polo seu apoio ao 155. Nunha axustada votación, o 55% dos militantes que participaron na consulta optaron por romper o acordo de goberno cos socialistas no Concello.