O CGPJ insta a reformar a lei hipotecaria ante o aumento dos desafiuzamentos. "A actual crea unha serie de disfuncións", asegura.
Fálase
El Pais adianta que o Tribunal Constitucional fará pública este martes a súa sentenza sobre o recurso que o PP presentou contra o matrimonio homosexual. O veredito será favorable á denominación de “matrimonio” para as bodas entre persoas do mesmo sexo.
O Goberno central gasta 128.000 euros en mercar flores para o Palacio de Oriente e o Palacio de El Pardo. En El Diario.
KaosenlaRed muda os seus servidores de Alemaña a Suecia despois de que fosen bloqueados ás once da mañá. A razón está nunha denuncia pola publicación dunha serie de textos contra a invasión militar israeli a Gaza en 2009. KaosenlaRed alerta de que se trata "dun claro intento de censura cara a informacións que denuncian a vulneración dos dereitos humanos"
Jordi Pujol aclara que el votaría pola independencia nun referendo. O ex presidente da Generalitat asegura na Cadena Ser que optaría pola soberanía logo "da barbaridade da sentenza do Estatut".
Feijóo inicia mañá a súa viaxe oficial ao Brasil, pero onte xa protagonizou un acto de partido na Arxentina
Como acontecera en anteriores ocasións, Alfonso Rueda queda encargado do "despacho dos asuntos da Presidencia" da Xunta durante a viaxe que Feijóo emprende mañá cara ao Brasil.
Galicia suma 8.439 parados máis no último mes, alcanzando unha cifra récord de 267.812 desempregados, segundo os últimos datos do Ministerio de Emprego.
O paro sobe en outubro en 128.242 persoas e deixa o número total de desempregados inscritos nas oficinas do SEPE en 4.833.521, récord histórico.
A xornalista británica Caroline Criado-Perez lanza unha web chamada The Women’s Room para elaborar listas de mulleres expertas en distintas materias e asi potenciar a súa presenza nos medios. Hoxe en dia as mulleres son o 79% das vitimas nos medios pero só unha cuarta para das voces expertas.