A esquerda gobernará Colombia por primeira vez: Gustavo Petro gaña as presidenciais co 50,47% dos votos e culmina unha mudanza política histórica no país. Imaxe dun dos seus últimos actos de campaña.

A esquerda gobernará Colombia por primeira vez: Gustavo Petro gaña as presidenciais co 50,47% dos votos e culmina unha mudanza política histórica no país. Imaxe dun dos seus últimos actos de campaña.
Macron perde a maioría absoluta nas eleccións lexislativas de Francia. As primeiras proxeccións da segunda volta outorgan á coalición do presidente un total de 218 escanos, lonxe dos 289 que outorgan a maioría absoluta. A segunda forza política sería Nupes, que lograría 156 escanos.
Alfonso Rueda xustifica os pactos coa extrema dereita. "Non sería algo imposible pactar con Vox se fose necesario", di nunha entrevista en Radio Galicia o presidente da Xunta, que defende acordos cos ultras se son necesarios para garantir a estabilidade.
Restablecida a circulación ferroviaria entre Galicia e a Meseta que fora interrompida polo grave incendio en Zamora. O Adif comprobou que a infraestrutura non fora afectada polo lume, segundo indica a propia compañía. Foto: BRIF Laza.
David Rodríguez, gañador do XXVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais pola obra Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao.
O Burela Pescados Rubén pelexará por outra Liga logo de vencer o Roldán (3-2) no partido de volta das semifinais polo título. O equipo laranxa feminino buscará outro trofeo logo de gañar a Copa da Raíña o pasado mes de maio.
O grave incendio que afecta a Sierra de la Culebra, en Zamora, obriga a cortar a conexión do AVE con Galicia. O lume queimou xa unhas 20.000 hectáreas. Foto: BRIF Puerto El Pico.
Máis de 146 hectáreas ardidas nun incendio en Larouco, extinguido este mediodía. No parque natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso, está estabilizado outro que arrasou dez hectáreas, segundo informa Medio Rural. Foto: ATBRIF.
Tanxugueiras lanzará o 29 de xullo o seu novo disco, que xa se pode mercar en pre-venda. O trío, que lanza de forma irónica unha "Plataforma de Afectadxs polo Novo Álbum de Tanxugueiras", destaca que “non temos a portada, non temos o nome do disco e, como sigamos así, non imos ter vergoña. Pero se cres que somos un investimento máis seguro que as criptomoedas, xa podes apoiarnos coa prevenda do disco”. Ademais, na noite de San Xoán as pandeireteiras publicarán en todas as plataformas dixitais o seu novo sinxelo, ‘Seghadoras’
Dous incendios no concello de Larouco queimaron máis de 200 hectáreas. O rexistrado na parroquia de Seradur quedou estabilizado a pasada noite tras arrasar 120 hectáreas, mentres que o de Freixido permanecía activo esta mañá e xa queimou 100 hectáreas, segundo informa Medio Rural. Foto: Incendios Galicia.