UUAA demanda a Lactalis por apropiación indebida de 2 millóns de euros. Reclámalle á industria francesa o pago dos cartos que as cadeas de distribución lle están trasladando coa encomenda de repercutilos nas súas granxas provedoras.

UUAA demanda a Lactalis por apropiación indebida de 2 millóns de euros. Reclámalle á industria francesa o pago dos cartos que as cadeas de distribución lle están trasladando coa encomenda de repercutilos nas súas granxas provedoras.
O PNV perde un escano a favor de EH Bildu e complícaselle o goberno. Queda con 28 deputados e non logra maioría absoluta sumando con PSE ou PP.
VÍDEO | A Deputación de Pontevedra emite por primeira vez o seu pleno en directo a través de internet. Pódese seguir nesta ligazón. As deputacións de Lugo e Ourense xa ofrecen as sesións plenarias en streaming e a da Coruña iniciou este verán a contratación de equipamentos para emitilos proximamente.
A ponte sobre o Ulla do AVE do Eixo Atlántico, primeira do Estado que obtén un recoñecemento da International Association for Bridge and Structural Engineering.
A UEFA impide ao Celta lucir un trisquel na súa camisola nas competicións europeas. Cóntao o portal Moiceleste, que subliña que o símbolo inclúese na equipación do equipo vigués dende hai anos e que
A guerra aberta no PSOE esvae o inicio de procesos xudiciais contra ex-cargos do PP como o das tarxetas black ou a Gürtel. Unha análise de Pedro Águeda en eldiario.es
O Colexio de Xornalistas insta os medios a usar a toponimia galega nas súas formas oficiais. O CPXG reitérao despois de que El Mundo informase das eleccións do domingo con topónimos como Guinzo de Limia, Pollo ou Nieves.
A xuíza da Operación Zeta reactiva os interrogatorios e cita o presunto líder da trama, Gerardo Crespo, para finais de novembro. Cóntao La Opinión de A Coruña
Os tres edís do PSOE que abandonaron o goberno de Ferrol votan co PP para impedir unha modificación de crédito para atender pagamentos inmediatos do Concello. Cóntao Ferrol 360.
Esta fin de semana celébrase en Compostela a segunda edición do Maker Faire Galicia. O Pazo de Congresos acollerá presentacións, obradoiros, concertos, mesas redondas e outras actividades. O pasado ano 138 makers participaron no evento