UPyD difunde un video protagonizado polo seu deputado Toni Cantó no que fai unha burla do nacionalismo catalán a través dunha parodia dos Monty Python
Fálase
Alexandre Sánchez Vidal afirma sobre a sentenza que o absolve no caso dos paneis que "o obxectivo era quebrar o BNG no Concello e conseguirono, pero estamos felices"
Obama fai un chamamento aos líderes republicano e demócrata do Congreso na procura dun acordo ante os retos económicos.
Google dedicalle o seu doodle de hoxe a Bram Stoker para conmemorar o 165º aniversario do nacemento do autor de Drácula.
Griñán e Rubalcaba coinciden en non adiantar as primarias socialistas fronte á posición do barón manchego Emiliano García-Page e o extremeño Guillermo Fernández Vara de acelerar o proceso.
A Asemblea Universitaria de Vigo, os Comités Abertos e a Liga Estudantil Galega véñense de pechar na escola de Peritos de Vigo para "reclamar un ensino de calidade e chamar á folga xeral"
O PP presume de que Feijóo gañou á crise antes que Obama. Así o conta o Huffington Post neste artigo.
Iberia ultima a compra de Vueling. Prepara unha OPA sobre a aeroliña que conta co visto e prace dos accionistas do grupo, segundo conta La Información.
A Mesa parabeniza o Concello de Lugo pola eliminación de nomes franquistas das rúas da cidade e lembra a proposta cidadá encamiñada a que un dos cambios sexa o de Ramón Ferreiro (antigo falanxista) polo poeta Lois Pereiro.
Ecologistas en Acción convida a "manchar de chapapote" os responsables políticos do Prestige. A organización convida a facelo virtualmente a través dunha aplicación que se pode descargar na súa web.