O alcalde do Porto prevé aplicar unha taxa turística de dous euros por estancia no vindeiro mandato. Rui Moreira resalta que o obxectivo é que "turismo não assuma as mesmas proporções que teve em Barcelona e na Mouraria, em Lisboa", e lembra que na capital portuguesa a taxa rendeu 11,2 millóns de euros en dez meses, como informa o diario Público.
Fálase
A Xunta suspende as actividades dos centros educativos ao aire libre a partir das 15:00, pero mantén as clases con normalidade. Así o detalla a Consellería de Educación.
O temporal deixa unha noite inzada de incidencias en Galicia. Entre as principais, avarías na rede ferroviaria que impediron circular o Alvia Santiago-Madrid e suspensións de trens no eixo atlántico pola caída dunha árbore nas vías en Ordes, así como estragos nas cubertas do estadio de Riazor, na Coruña. Case todo o litoral está hoxe en alerta vermella e en terra o aviso é laranxa. En 4gotas.com explican os detalles deste temporal.
Abanca repartirá 315,4 millóns como dividendo. O pagamento deriva dos beneficios obtidos pola entidade durante o 2016
O Congreso inicia a tramitación da iniciativa popular a prol dunha renda mínima cos votos en contra de PP e Ciudadanos
O 112 rexistrou dende a medianoite e ata a unha da tarde 266 incidencias polo temporal, coa Coruña, Pontevedra, Vilalba e Ribadavia como concellos máis afectados. As incidencias "máis destacadas" foron caídas de árbores e pólas, valos publicitarios, cables de luz e pedras, sí como anegamentos en rúas, garaxes e vivendas, informa nun comunicado. A maior parte do litoral está hoxe en alerta vermella, tal e como detalla Meteogalicia.
O paro rexistrado sobe en 6.164 persoas en Galicia durante o mes de xaneiro, un 3% respecto a decembro, e baixa un 10,31% con relación a hai un ano (-24.369 inscricións). Máis información, esta mañá en Praza.
Galicia sufrirá forte vento, chuvia e grandes ondas neste xoves. A pleamar das 20 horas será o peor momento para a costa, xa que a auga podería subir ao litoral. Cóntao 4gotas.
Os fogares galegos pagarán case 6 millóns máis no recibo de xaneiro polo "tarifazo" eléctrico. A factura será 11,6 euros máis cara de media cá de decembro.
Falece o ex-ministro socialista José Antonio Alonso. O político e xuíz leonés fora ministro de Interior e de Defensa con Rodríguez Zapatero.