As esculturas do Valle de los Caídos desfanse polas "chapuzas" do seu autor. Cóntao Materia.

As esculturas do Valle de los Caídos desfanse polas "chapuzas" do seu autor. Cóntao Materia.
Convocan un acto en apoio de El País Galicia mañá ás 11:30 na Praza Roxa de Santiago. Participarán representantes do mundo da comunicación e da cultura e tamén do público lector da edición galega do diario, cuxo persoal está a informar do seu conflito laboral a través dun blog
O Constitucional admite a trámite o recurso de PSOE e Izquierda Plural contra a reforma laboral. As dúas formacións impugnaran varios artigos da nova lexislación. Cóntao El Diario.
O CGPJ insta a reformar a lei hipotecaria ante o aumento dos desafiuzamentos. "A actual crea unha serie de disfuncións", asegura.
El Pais adianta que o Tribunal Constitucional fará pública este martes a súa sentenza sobre o recurso que o PP presentou contra o matrimonio homosexual. O veredito será favorable á denominación de “matrimonio” para as bodas entre persoas do mesmo sexo.
O Goberno central gasta 128.000 euros en mercar flores para o Palacio de Oriente e o Palacio de El Pardo. En El Diario.
KaosenlaRed muda os seus servidores de Alemaña a Suecia despois de que fosen bloqueados ás once da mañá. A razón está nunha denuncia pola publicación dunha serie de textos contra a invasión militar israeli a Gaza en 2009. KaosenlaRed alerta de que se trata "dun claro intento de censura cara a informacións que denuncian a vulneración dos dereitos humanos"
Jordi Pujol aclara que el votaría pola independencia nun referendo. O ex presidente da Generalitat asegura na Cadena Ser que optaría pola soberanía logo "da barbaridade da sentenza do Estatut".
Feijóo inicia mañá a súa viaxe oficial ao Brasil, pero onte xa protagonizou un acto de partido na Arxentina
Como acontecera en anteriores ocasións, Alfonso Rueda queda encargado do "despacho dos asuntos da Presidencia" da Xunta durante a viaxe que Feijóo emprende mañá cara ao Brasil.