Morre, aos 53 anos de idade, George Michael. O cantante finou no día de nadal por un fallo cardiaco
Fálase
O ex-deputado galego Javier Dorado, novo director do Instituto de la Juventud (Injuve). Tamén vén de ser nomeado secretario xeral do PP de Vigo, que con tan só 28 anos xa ocupou importantes cargos políticos.
Os críticos e críticas de A Cuarta Parede elixen Carol como o mellor filme do último ano, por diante de O Ornitólogo (João Pedro Rodrigues), La mort de Louis XIV (Albert Serra) e Paterson (Jim Jarmusch)
Aprobado o orzamento do Concello de Pontevedra ao absterse a Marea tras aceptar o BNG as súas emendas. PSOE, PP e Ciudadanos manteñen a súa oposición ás contas, cuxa aprobación o alcalde Lores ligou a unha cuestión de confianza. Axiña máis información.
A Liga de Fútbol Profesional (LFP) tamén recorre o arquivo da causa de Jimmy e amosa a súa "discrepancia" co sobresemento do caso. A familia do asasinado e a Fiscalía tamén anunciaron recurso.
Celébrase nestes intres o pleno de Pontevedra. O alcalde Lores someterá o proxecto orixinal de orzamentos do goberno local a votación e anuncia que se someterá a unha moción de confianza de non ser aprobados. Pódese seguir aquí.
O Goberno italiano aproba o rescate do Monte dei Paschi. O Executivo aprobou nunha xuntanza de urxencia, pasada a medianoite, un decreto que o dota de 20.000 millóns de euros para garantir a liquidez dos bancos en problemas
Galicia suma 103 vítimas mortais nas estradas no que levamos de 2016, fronte ás 91 de todo 2015. Será o primeiro ano con incremento de falecementos dende o 2000.
Enagás espera cobrar unha compensación millonaria se se pecha a regasificadora de El Musel, en Xixón, que foi declarada ilegal polo Supremo en febreiro. A instalación, que custou 378 millóns, incumpre o Regulamento de Actividades Molestas e Perigosas, ao igual que Reganosa.
Errejón pide amplos acordos a Iglesias para non confrontar en Vistalegre 2. O axustado resultado do referendo reforza o poder negociador de Errejón.