Desaloxado o Alvia Madrid-Ferrol á altura de Sanabria por un incendio no vagón xerador diésel que impulsa o tren nos treitos aínda sen electrificar. Non se rexistraron danos persoais. (Imaxe: Praza.gal)

Desaloxado o Alvia Madrid-Ferrol á altura de Sanabria por un incendio no vagón xerador diésel que impulsa o tren nos treitos aínda sen electrificar. Non se rexistraron danos persoais. (Imaxe: Praza.gal)
El Corte Inglés acorda coa Catedral de Santiago selar as credenciais dos peregrinos nos seus centros comerciais. Segundo un comunicado difundido pola empresa, a finalidade deste acordo co Cabido compostelán é "divulgar os valores das tradicións xacobeas", pero tamén poñer "a rede comercial a disposición dos peregrinos".
Renfe asegura que a perda da marca AVE na UE non ten "efectos prácticos" porque non atinxe ao transporte de viaxeiros. A información publicada polo xornal Expansión, matiza a empresa pública, refírese a unha sentenza referida a aparellos de locomoción terrestre.
Hackean o servidor do grupo ultra Hazte Oír e difunden en internet milleiros de documentos da organización, con información financeira, organizativa e política da entidade. Este colectivo protagonizou recentemente campañas homófobas e transfóbicas como a do panfleto remitido aos colexios, que a Xunta instou a "retirar".
Xa está dispoñible no visor de mapas do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta a Carta Xeométrica de Galicia elaborada por Domingo Fontán a comezos do século XIX, o primeiro mapa galego realizado con medicións matemáticas.
Renfe perde o dereito sobre a marca AVE na Unión Europea por non formular unha reclamación en inglés. Cóntao o xornal Expansión
O concelleiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, deixa a dirección de En Marea por "coherencia política". Di manter o seu "compromiso inquebrantable" coa formación pero asegura que abandona o seu posto por "lealdade".
A Federación Galega de Fútbol negocia para que Irlanda sexa a rival de Galicia no vindeiro partido amigable da selección. Confirmouno o seu presidente, Rafael Louzán, na Radio Galega.
Visto para sentenza o xuízo dos mariñeiros galegos polas pensións en Noruega. O Estado nórdico admite que tributaron naquel país e non cotizaron, pero nega que houbese "discriminación". A sentenza será emitida a finais deste mes ou principios de maio.
ETA abordará a súa disolución tras culminar a entrega de armas. En breve coñecerase a posición dos presos etarras sobre a aceptación ou rexeitamento da legalidade peniteciaria.