O responsable do BNG na Emigración, Vitoriano Oxea, remítelle unha carta á dirección do Bloque anunciando a súa baixa. Atribúea, entre outros motivos, á "actitude" da formación frontista coa militancia de fóra de Galicia. Seguirá a militar en Máis Galiza.
