La Información lembra que dende a primeira folga xeral que se convocou nesta crise, en setembro de 2010, o número de parados aumentou nun millón e medio de persoas, o que quere dicir que hai "unha maior bolsa de desencantados" pero que non significa "que o paro nas empresas vaia ser masivo"
Fálase
Reiníciase o xuízo do Prestige na Coruña. Hoxe declara o capitán do buque, Apostolos Mangouras, principal acusado. Activistas de Greenpeace protestan na porta do recinto de Expocoruña.
José López Orozco afirma sobre o comité do PSdeG que ''foi como tiña que ir'' pois "hai moito tempo" para falar das persoas que se farán cargo do partido, pero sentaron as bases para "reflexionar" sobre o proxecto político. Pola súa banda, Anxo Lugilde escribe en A maior crise do PSOE galego que "o comité nacional confirmou o desolador estado do PSdeG tras o seu desastre electoral".
Este martes haberá un eclipse total de Sol que será visible en Australia e parte do Pacífico. O fenómeno durará catro minutos e comezará ás 23.11, hora española. Poderá seguirse nesta web.
La Razón posiciónase abertamente contra a folga xeral do 14N e pidelles aos seus lectores que non secunden o paro e a cambio donen un quilo de comida a Cáritas.
A inflación interanual sobe unha décima en outubro e sitúase no 3,5%, o seu nivel máis alto nos últimos 17 meses.
O PSOE publica un video de apoio á folga xeral deste mércores, no que debulla os motivos para apoiar o paro xeral
Esta a ser moi comentado en Portugal un video realizado por Marcelo Rebelo de Sousa que pretende ser un apelo á solidariedade do pobo alemán cara a Portugal. O video analiza os sacrificios realizados polo pais nos últimos tempos e salienta que Portugal non criticou que Alemaña obviase a súa débeda externa no momento da reunificación.
O alcalde de Boqueixón, despois de renunciar a subir un 41% o seu soldo porque se fixo público: "Estar no Concello por 1.000 euros? Para iso, marcho para a casa". En El País, vía Europa Press
Novagalicia Banco tampouco fará desafiuzamentos á espera dos cambios normativos que prepara o Goberno. Asegura que "esgota" as posibilidades para evitalos.