A ARMH reclama no Congreso a ilegalización da Fundación Francisco Franco, quen xestiona as visitas ao Pazo de Meirás. A asociación pola memoria histórica únese ás iniciativas de diferentes administracións e entidades galegas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/598c4337dcb47-pazo.jpg)
A ARMH reclama no Congreso a ilegalización da Fundación Francisco Franco, quen xestiona as visitas ao Pazo de Meirás. A asociación pola memoria histórica únese ás iniciativas de diferentes administracións e entidades galegas.
Galicia mellor sen touradas lanza un vídeo para animar a participar na manifestación que este sábado terá lugar en Pontevedra en protesta contra a organización da feira taurina da cidade. Hai uns días falamos cun dos organizadores da marcha
Leiceaga rexeita a moción de censura presentada por un concelleiro socialista en Coristanco e denuncia o "mercadeo" co PP. Critica tamén que non se producira unha consulta á militancia
Continúa o cruce de declaracións e ameazas entre Corea do Norte e os Estados Unidos. A illa de Guam sería o obxectivo dun hipotético ataque de Pyongyang
Gas Natural impugna o concurso eléctrico de Madrid por premiar a enerxía libre de emisións. O concello lembra que este criterio xa foi utilizado pola Xunta de Castela e León
Rajoy asegura que o AVE chegará a Galicia "á maior celeridade posible" e destaca que "a orografía" galega "complica as cousas"
Sada convoca pleno extraordinario este sábado para reclamar a xestión do Pazo de Meirás. O Concello prevé un "acordo unánime" para devolver o inmoble ao público e vetar a Fundación Franco para a organización das visitas. Toda a información, esta tarde en Praza.gal.
Pontevedra Viva leva á súa portada a situación dunha muller viguesa que vén de ser condenada a prisión por agredir hai dez anos o seu ex-mozo, condenado por violencia de xénero. Compañeiros de traballo, veciños e amigos reclámanlle ao Goberno que lle conceda un indulto.
A falta de substituto do xuíz de violencia de xénero na Coruña obriga a suspender oito xuízos. As vistas estaban fixadas para comezos de setembro, pero foron adiadas a outubro.
O Banco Santander vende a Blackstone o 51% dos activos de ladrillo do Banco Popular. A operación, valorada en 30.000 millóns, é a maior deste tipo da historia de España.