As áreas montañosas de Lugo e Ourense e mais o interior de Pontevedra están hoxe en alerta amarela por neve. O aviso tamén é amarelo en todo o litoral por mor do vento, segundo detalla Meteogalicia
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a7808c859825-avisoshoxe2.jpg)
As áreas montañosas de Lugo e Ourense e mais o interior de Pontevedra están hoxe en alerta amarela por neve. O aviso tamén é amarelo en todo o litoral por mor do vento, segundo detalla Meteogalicia
A antiga xefa da Fiscalía de Barcelona freou unha investigación contra Albiol, líder do PP catalán, en vésperas das eleccións de decembro. É unha exclusiva de eldiario.es
A edil Milagros Castro, nova secretaria xeral do PSOE en Santiago. Lidera a única lista que se presentou na asemblea para renovar a executiva.
Milleiros de persoas acoden a Lalín na 50ª edición da Feira do Cocido, a "catedral da gastronomía galega".
En marcha xa a concorrida manifestación contra a nova Lei de Saúde e pola sanidade pública. Milleiros de persoas ateigan o centro de Compostela. Toda a información, hoxe en Praza.gal.
A Garda Civil investiga unha posible violación a unha peregrina no Val do Dubra.
Feijóo di que ten "o mesmo dereito a declarar a independencia de Galicia que Puigdemont a de Catalunya". O presidente da Xunta di nunha entrevista en La Vanguardia que o PPdeG é "un partido galeguista" e que as formacións políticas "non son corruptas". "Sono as personas", aclara.
A avogada Eva Martínez, nova secretaria xeral da agrupación socialista da Coruña. Afín a Gonzalo Caballero, lideraba a única proposta. En Santiago, Milagros Castro podería ser a elixida.
Animalistas intentan boicotear o Campionato de España de Caza do Raposo en Forcarei, duramente criticado por todas as formacións políticas agás o PP. Os activistas fan ruído para intentar espantar as presas.
Atentado racista en Italia: un home dispara contra persoas negras en Macerata. Hai seis feridos polos disparos dunha persoa que berrou "viva Italia!" cando foi detido e que foi candidato da Liga Norte.