Animalistas intentan boicotear o Campionato de España de Caza do Raposo en Forcarei, duramente criticado por todas as formacións políticas agás o PP. Os activistas fan ruído para intentar espantar as presas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a75f13d7ac10-raposo.jpg)
Animalistas intentan boicotear o Campionato de España de Caza do Raposo en Forcarei, duramente criticado por todas as formacións políticas agás o PP. Os activistas fan ruído para intentar espantar as presas.
Atentado racista en Italia: un home dispara contra persoas negras en Macerata. Hai seis feridos polos disparos dunha persoa que berrou "viva Italia!" cando foi detido e que foi candidato da Liga Norte.
Fene acolleu a gala para inaugurar a declaración do Día dos Medios en Galego, que se celebrará todos os 7 de febreiro desde este ano e para conmemorar a data da primeira publicación de 'O Tio Marcos d'A Portela', primeira cabeceira de masas en lingua galega.
O 75% dos funcionarios da Administración de Xustiza votan a favor dunha folga indefinida total a partir do vindeiro 7 de febreiro. O 20% optou por unha folga indefinida parcial. O persoal recorreu os servizos mínimos implantados pola Xunta.
O Supremo afasta a posibilidade de que Junqueras, Forn e os Jordis saian da cadea antes do xuízo do 1-O.
O Supremo decide manter no cárcere ao ex-conselleiro catalán de Interior, Joaquim Forn, que nas últimas semanas renunciara á súa acta como deputado electo. O Tribunal rexeita reconsiderar o réxime de prisión preventiva que impuxo ao político catalán.
Entra en vigor o veto ao tráfico de camións na rúa viguesa Sanjurjo Badía. O Concello de Vigo reclama que se complete o enlace de Teis da AP-9 para que o tráfico pesado continúe pola autoestrada e ese último treito da AP-9 torne en vía plenamente urbana.
As nevaradas provocan atrancos de tráfico en diferentes puntos da rede viaria galega -na imaxe, un treito da A-6 na montaña lucense-. As incidencias pódense consultar ao vivo neste mapa da DGT.
O ano comezou con 4.873 inscricións máis nas oficinas de emprego en Galicia, 22.192 menos que hai un ano, segundo o dato de paro rexistrado publicado este venres. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social caeu en 11.986 persoas, aínda que son 22.714 máis que no mesmo mes de 2017. Máis información, esta mañá en Praza.
Febreiro comeza con chuvias e baixada das temperaturas, que rozarán os cero graos en moitas comarcas do interior. A cota de neve situarase nos 800 metros en Lugo e Ourense. As nevaradas dificultan xa a ciculación nalgunhas estradas lucenses