Atentado racista en Italia: un home dispara contra persoas negras en Macerata. Hai seis feridos polos disparos dunha persoa que berrou "viva Italia!" cando foi detido e que foi candidato da Liga Norte.

Atentado racista en Italia: un home dispara contra persoas negras en Macerata. Hai seis feridos polos disparos dunha persoa que berrou "viva Italia!" cando foi detido e que foi candidato da Liga Norte.
Fene acolleu a gala para inaugurar a declaración do Día dos Medios en Galego, que se celebrará todos os 7 de febreiro desde este ano e para conmemorar a data da primeira publicación de 'O Tio Marcos d'A Portela', primeira cabeceira de masas en lingua galega.
O 75% dos funcionarios da Administración de Xustiza votan a favor dunha folga indefinida total a partir do vindeiro 7 de febreiro. O 20% optou por unha folga indefinida parcial. O persoal recorreu os servizos mínimos implantados pola Xunta.
O Supremo afasta a posibilidade de que Junqueras, Forn e os Jordis saian da cadea antes do xuízo do 1-O.
O Supremo decide manter no cárcere ao ex-conselleiro catalán de Interior, Joaquim Forn, que nas últimas semanas renunciara á súa acta como deputado electo. O Tribunal rexeita reconsiderar o réxime de prisión preventiva que impuxo ao político catalán.
Entra en vigor o veto ao tráfico de camións na rúa viguesa Sanjurjo Badía. O Concello de Vigo reclama que se complete o enlace de Teis da AP-9 para que o tráfico pesado continúe pola autoestrada e ese último treito da AP-9 torne en vía plenamente urbana.
As nevaradas provocan atrancos de tráfico en diferentes puntos da rede viaria galega -na imaxe, un treito da A-6 na montaña lucense-. As incidencias pódense consultar ao vivo neste mapa da DGT.
O ano comezou con 4.873 inscricións máis nas oficinas de emprego en Galicia, 22.192 menos que hai un ano, segundo o dato de paro rexistrado publicado este venres. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social caeu en 11.986 persoas, aínda que son 22.714 máis que no mesmo mes de 2017. Máis información, esta mañá en Praza.
Febreiro comeza con chuvias e baixada das temperaturas, que rozarán os cero graos en moitas comarcas do interior. A cota de neve situarase nos 800 metros en Lugo e Ourense. As nevaradas dificultan xa a ciculación nalgunhas estradas lucenses
Un xulgado de Verín abre unha investigación penal pola morte de catro traballadores desde 2013 nas obras do AVE. Faino tras unha denuncia da CIG, que pediu que se investigasen nove accidentes graves ocorridos os últimos anos. O xulgado pide á inspección de traballo que lle remita copia dos seus expedientes. Desde o inicio dos traballos en 2001 as obras do AVE cobráronse en toda Galicia sete mortos.