O 75% dos funcionarios da Administración de Xustiza votan a favor dunha folga indefinida total a partir do vindeiro 7 de febreiro. O 20% optou por unha folga indefinida parcial. O persoal recorreu os servizos mínimos implantados pola Xunta.

O 75% dos funcionarios da Administración de Xustiza votan a favor dunha folga indefinida total a partir do vindeiro 7 de febreiro. O 20% optou por unha folga indefinida parcial. O persoal recorreu os servizos mínimos implantados pola Xunta.
O Supremo afasta a posibilidade de que Junqueras, Forn e os Jordis saian da cadea antes do xuízo do 1-O.
O Supremo decide manter no cárcere ao ex-conselleiro catalán de Interior, Joaquim Forn, que nas últimas semanas renunciara á súa acta como deputado electo. O Tribunal rexeita reconsiderar o réxime de prisión preventiva que impuxo ao político catalán.
Entra en vigor o veto ao tráfico de camións na rúa viguesa Sanjurjo Badía. O Concello de Vigo reclama que se complete o enlace de Teis da AP-9 para que o tráfico pesado continúe pola autoestrada e ese último treito da AP-9 torne en vía plenamente urbana.
As nevaradas provocan atrancos de tráfico en diferentes puntos da rede viaria galega -na imaxe, un treito da A-6 na montaña lucense-. As incidencias pódense consultar ao vivo neste mapa da DGT.
O ano comezou con 4.873 inscricións máis nas oficinas de emprego en Galicia, 22.192 menos que hai un ano, segundo o dato de paro rexistrado publicado este venres. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social caeu en 11.986 persoas, aínda que son 22.714 máis que no mesmo mes de 2017. Máis información, esta mañá en Praza.
Febreiro comeza con chuvias e baixada das temperaturas, que rozarán os cero graos en moitas comarcas do interior. A cota de neve situarase nos 800 metros en Lugo e Ourense. As nevaradas dificultan xa a ciculación nalgunhas estradas lucenses
Un xulgado de Verín abre unha investigación penal pola morte de catro traballadores desde 2013 nas obras do AVE. Faino tras unha denuncia da CIG, que pediu que se investigasen nove accidentes graves ocorridos os últimos anos. O xulgado pide á inspección de traballo que lle remita copia dos seus expedientes. Desde o inicio dos traballos en 2001 as obras do AVE cobráronse en toda Galicia sete mortos.
O político e empresario Pepe Miñones, recoñecido como Republicano de Honra 2018 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Miñones foi membro de Unión Republicano e deputado da Fronte Popular en 1936. Os franquistas arrebatáronlle as súas empresas e asasinárono en decembro de 1936. Unha das súas compañías, Electra Popular Coruñesa, acabaría fusionada con Fábrica de Gas y Electricidade, de Barrié de la Maza, o que acabaría dando lugar a FENOSA.
VÍDEO | "Centos" de golfiños surcan a ría de Arousa. As imaxes foron captadas esta mesma semana polo Bottlenose Dolphin Research Institute, unha entidade especializada no estudo e conservación dos cetáceos. A presenza masiva destes golfiños comúns é "rara" nesta contorna, destacan, e explican que acudiron á ría arousá á procura de alimentación. O pasado outono entidades especializadas xa puxeran o foco na chegada de baleas a rías galegas.