A lei rusa de control de Internet ameaza a Wikipedia. A partir do 1 de agosto entrará en vigor a lei antipiratería rusa, que obrigará os sitios a pechar o acceso a material con dereitos de autor a petición expresa dos propietarios dos mesmos, sen necesidade dunha orde xudicial.
Fálase
A universidade perdeu 10.000 alumnos con dereito a unha axuda a pesar de que as peticións se incrementaron en 30.000
Cospedal convoca unha rolda de prensa non prevista para desmentir as acusacións de Bárcenas e negar ata a relación laboral do extesoureiro co Partido Popular: "A explicación de estas inxurias é que Luis Bárcenas pretende saír impune do caso Gürtel"
Bárcenas ao xuíz "A Rajoy e Cospedal fíxelles entregas en efectivo en 2008, 2009 e 2010". O ex tesoureiro do PP asegura que lles entregaba 25.000 euros en sobres e en billetes de 500 euros.
O Goberno 'amaña' co ABC as preguntas a Rajoy e obvia o pacto entre os xornalistas. Denúnciano varios xornalistas presentes na rolda de prensa do presidente do Goberno
Compromiso insta a PSdeG, AGE e BNG a realizar unha moción de censura contra Feijóo. O partido que encabeza Xoán Bascuas sinala que, "en contra do que nos quere vender Feijóo, el ten moitas responsabilidade" na "corrupción" que está a saír á luz a raíz do caso Bárcenas.
Rajoy di que o que "ratifican" as súas mensaxes a Bárcenas é que "o Estado de Dereito non se chantaxea". Vén de aseguralo nunha comparecencia ante a prensa que recolle a Cadena SER
Rajoy chama a Barroso para interceder sobre a devolución do tax lease ante a decisión definitiva do vindeiro mércores.
Bárcenas asume a autoría dos seus papeis e entrégallos ao xuíz Ruz para que investigue o PP. En El País.
Dirixentes do PP piden xa que Rajoy marche. Vidal-Quadras, Santiago Abascal e González Quirós cren que o partido debe "reflexionar" sobre a continuidade do presidente do Goberno.