A Fiscalía Anticorrupción recorre o réxime de semiliberdade dos exdirectivos de Caixanova, condenados a 24 meses polas prexubilacións millonarias que cobraron de maneira indebida. A fiscal Pilar Melero pide que se lles retire o segundo grao flexible -que lles permite saír de prisión- e argumenta que aínda teñen causas pendentes coa xustiza.
Fálase
Valentín Formoso inclúe a Mercedes Rosón -rival nas primarias- na Executiva provincial do PSdeG na Coruña. José Manuel Lage Tuñas será o responsable de Organización
A neve caerá este domingo en Galicia por riba dos 800 metros, especialmente na montaña de Lugo. A neve caída na última semana permitiu abrir as pistas de esquí de Manzaneda. Este sábado a temperatura mínima deuse na Veiga (Ourense), con -3,6 graos
300 vehículos participaron este sábado en Burela nunha caravana reivindicativa contra a supresión da área sanitaria da Mariña.
Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez foron homenaxeados este sábado en Mondoñedo, 80 anos despois do seu asasinato pola súa militancia na CNT e na USG
Preséntase a mostra fotográfica O Vigo que [NON] sorrí, unha vintena de retratos de persoas residentes en varios barrios da cidade que buscan "visibilizar a exclusión social na que malviven milleiros de vigueses e viguesas". A iniciativa conta co apoio de varios colectivos sociais e responde a unha exposición patrocinada polo Concello que amosaba cidadáns sorrintes.
Nunha longa intervención ante o Consello Cidadán Estatal de Podemos Pablo Iglesias asume erros cometidos en Vistalegre 2 e Cataluña e apela ás orixes de Podemos e ao discurso de radicalidade social co que naceu a formación en 2014. Beiras advirte de que a "esquerda emerxente" pode acabar en "mal porto" se Podemos atende á "demoscopia"
Zaragoza acolle esta fin de semana o II Encontro Estatal para organizar a Folga Feminista do vindeiro 8 de marzo
A Xunta Electoral abre un expediente a ABC trala denuncia do PP pola entrevista a Arrimadas publicada na xornada de reflexión das eleccións catalás. A multa que o xornal debería pagar estará entre os 100 e os 1000 euros.
A gripe provocou 16 vítimas mortais en Galicia na última semana, 26 dende o inicio da tempada destas enfermidade. Só a metada estaban vacinadas. O 11 de xaneiro había "406 pacientes ingresados con gripe confirmada" en hospitais de Galicia, informa a Xunta