O alcalde de Betanzos deixa o cargo por motivos de saúde. O socialista Ramón García vén de anuncialo, informa Radio Coruña. A primeira tenente da Alcaldía e edil de Servizos Sociais, María Barral, asume as competencias do rexedor e perfílase como probable substituta.
