Baltar pide o voto para Sáenz de Santamaría "para que gane España" e por ser "a máis votada no PP de Ourense" na primeira rolda do congreso do PP. A ex-vicepresidenta mantivo este martes encontros con representantes dos populares galegos. (imaxe do PPOU)
Fálase
Continúa a folga no principal centro loxístico de Amazon en España durante as xornadas de ofertas do prime day pola falta de acordo sobre o convenio colectivo. Os sindicatos denuncian que a multinacional contrata persoal adicional para substituír o que fai folga e a compañía négao.
Dous votos supostamente "erróneos" bloquean a renovación da dirección de RTVE no Congreso. Cóntao eldiario.es
Persoal do Hostal dos Reis Católicos vólvese mobilizar na defensa dun novo convenio colectivo. "Non houbo ningún achegamento", afirman os traballadores, que se volven reunir esta semana con Paradores. Recólleo Nós TV
A ACB certifica a incorporación oficial do Breogán tras o seu ascenso do pasado abril. Ratifícase así que na temporada 2018-19 os lucenses competirán na máxima categoría do baloncesto, na que xa milita o Obradoiro, o que implica o regreso dos derbis galegos a esta competición. (Imaxe: ACB)
De Cospedal escenifica o seu apoio a Pablo Casado cara á elección da nova presidencia do PP. Casado celebrou a pasada semana actos en Galicia para recadar apoios entre os compromisarios do PPdeG. Este luns faino Soraya Sáenz de Santamaría, que estará con Feijóo en Pontevedra e con Tellado en Santiago.
O BNG lanza un vídeo musical para animar á participación na campaña da formación polo Día da Patria baixo o lema Sumar por Galiza, que culmina na habitual manifestación do 25 de xullo en Santiago.
Feijóo elixe os tres galegos que presidiron o Tribunal Constitucional como receptores este ano da Medalla de Ouro de Galicia. A Xunta comunica os nomes de Álvaro Rodríguez Bereijo (1995-98), María Emilia Casas (2004-2011) e Juan José González Rivas (desde 2017) como galardoados tras un ano de especial protagonismo do tribunal a raíz da crise de Catalunya, que vén sendo aproveitada por Feijóo para reiterar a súa lealdade e a de Galicia coa Constitución. O anuncio foi realizado a través dunha nota de prensa emitida este domingo na que se avanza que a condecoración será aprobada no Consello da Xunta do próximo xoves e entregada novamente o 24 de xullo e non o 25, como era tradicional.
A TVG estrea na noite deste domingo (23.30 horas) o documental Santoalla, que conta en clave de thriller o homicidio de Martin Venfondern.
Este domingo día 15 de xullo fanse 133 anos da morte de Rosalía de Castro e para conmemoralo a súa Casa da Matanza en Padrón celebra unha xornada de portas abertas co Festival Abride a Fiestra, no que participa Praza Pública. Este sábado os actos comezaron cunha singradura de embarcacións tradicionais polo Ulla entre Valga e Padrón.