Feijóo elixe os tres galegos que presidiron o Tribunal Constitucional como receptores este ano da Medalla de Ouro de Galicia. A Xunta comunica os nomes de Álvaro Rodríguez Bereijo (1995-98), María Emilia Casas (2004-2011) e Juan José González Rivas (desde 2017) como galardoados tras un ano de especial protagonismo do tribunal a raíz da crise de Catalunya, que vén sendo aproveitada por Feijóo para reiterar a súa lealdade e a de Galicia coa Constitución. O anuncio foi realizado a través dunha nota de prensa emitida este domingo na que se avanza que a condecoración será aprobada no Consello da Xunta do próximo xoves e entregada novamente o 24 de xullo e non o 25, como era tradicional.
