O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixe a Feijóo “responsabilidades políticas” como “cómplice” da Valedora do Pobo tras mantela no posto malia a sentenza na súa contra. Na súa intervención ante o Comité Nacional do PSdeG Caballero presenta os socialistas, tras a chegada ao Goberno central de Pedro Sánchez, como a alternativa a Feijóo: “Temos a prioridade social que non ten o PP e a capacidade de xestión que non teñen outras forzas”.
