A TVG estrea na noite deste domingo (23.30 horas) o documental Santoalla, que conta en clave de thriller o homicidio de Martin Venfondern.

A TVG estrea na noite deste domingo (23.30 horas) o documental Santoalla, que conta en clave de thriller o homicidio de Martin Venfondern.
Este domingo día 15 de xullo fanse 133 anos da morte de Rosalía de Castro e para conmemoralo a súa Casa da Matanza en Padrón celebra unha xornada de portas abertas co Festival Abride a Fiestra, no que participa Praza Pública. Este sábado os actos comezaron cunha singradura de embarcacións tradicionais polo Ulla entre Valga e Padrón.
O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, apoia a proposta de Compostela Aberta de renovación en En Marea. Tras a reunión da Coordinadora Nacional de Anova, Beiras tamén pediu centrar os esforzos nas mareas municipalistas. Esta semana a dirección de En Marea amosouse aberta a "discutir" cambios no calendario interno, pero "nunca fóra" dos actuais órganos da formación.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixe a Feijóo “responsabilidades políticas” como “cómplice” da Valedora do Pobo tras mantela no posto malia a sentenza na súa contra. Na súa intervención ante o Comité Nacional do PSdeG Caballero presenta os socialistas, tras a chegada ao Goberno central de Pedro Sánchez, como a alternativa a Feijóo: “Temos a prioridade social que non ten o PP e a capacidade de xestión que non teñen outras forzas”.
A Audiencia Nacional condena a 20 persoas polo caso Forum Filatélico, “paradigma das estafas piramidais”, entre eles o ex-presidente da entidade, Francisco Briones, a 12 anos de cadea. O mesmo tempo, 12 anos, é o que fai da intervención da entidade e o estourido do caso, xunto co de Afinsa, dos que se calculou que deixaron en Galicia uns 35.000 afectados.
Arquivada a investigación xudicial a Augusto César Lendoiro por posibles delitos societarios como presidente do Deportivo entre 2007 e 2013. A xuíza dá por acreditado o "incumprimento das normas contables", se ben coida que non é posible "determinar o prexuízo ocasionado" nin acreditar que "os investigador obtivesen beneficios indebidos".
A Xunta organiza un funeral por Albor na catedral de Santiago o día 23 deste mes de xullo e abre un libro de condolencias na súa web institucional. O loito oficial polo pasamento do primeiro presidente electo do Goberno galego prolóngase ata o domingo.
Adif esqueceu remitir ao Tribunal de Cuentas, que critica posibles “arbitrariedades”, un contrato de 140 millóns sobre aparcamentos en estacións, entre elas cinco galegas. A empresa pública adxudicou en 2013 á firma Saba a explotación durante dez anos de 72 estacionamentos, entre eles os de Vigo Guixar, A Coruña, Ourense, Santiago e Pontevedra.
Casado proclama que "se é presidente do PP" proporá pechar as fronteiras españolas cara á UE como vinganza contra Alemaña por non entregar a Puigdemont por rebelión. "O espazo Schengen poderase suprimir se non hai garantías de que se respecte a España", proclama, nunha postura que tamén secunda o eurodeputado popular Esteban González Pons.
AUDIO | O alcalde de Fene, Gumersindo Galego (PP), carga contra o concerto que Sés ofrece este venres no municipio por crer que é "para público particular, non para público en xeral" e non propia "da semana cultural" fenesa, ligada ao Día Nacional de Galicia. O concerto foi contratado polo anterior goberno local, encabezado polo BNG, desbancado o pasado abril por unha moción de censura votada polo PP e Somos Fene. Ferrol 360 publica as declaracións íntegras