Os Estados Unidos abandonan o Comité de Dereitos Humanos da ONU en pleno escándalo polo peche de menores de idade en gaiolas tras separalos das súas familias na fronteira sur dese país
Os Estados Unidos abandonan o Comité de Dereitos Humanos da ONU en pleno escándalo polo peche de menores de idade en gaiolas tras separalos das súas familias na fronteira sur dese país
O pleno de Ourense rexeita os orzamentos propostos polo goberno do PP, que continuará coas contas prorrogadas de 2014. A oposición esgrime un informe da intervención municipal para advertir de que o orzamento defendido polo alcalde, Jesús Vázquez, é "ilegal". Mentres, o rexedor acúsaos de pretender "fundir a cidade" e cualifica a votación de "inmoralidade".
A ex-ministra Dolores de Cospedal tamén anuncia a súa candidatura a dirixir o PP tras confirmar Feijóo que non competirá pola sucesión de Mariano Rajoy.
Soraya Sáenz de Santamaría confirma a súa candidatura ao liderado do PP tras a renuncia de Feijóo.
María Teresa Fernández de la Vega substituirá a José Manuel Romay Beccaría na presidencia do Consello de Estado. A que fora vicepresidenta do Goberno de España con José Luis Rodríguez Zapatero será a primeira muller en ocupar ese posto.
Pedro Sánchez avanza a súa intención de esgotar a lexislatura estatal e convocar eleccións xerais en 2020. Avanzouno nunha entrevista en RTVE, a primeira dende que é presidente do Goberno central, que resume eldiario.es
Investigan un posible caso de violencia machista no Porriño, onde un matrimonio en trámites de divorcio foi atopado morto por disparos. A Garda Civil traballa coa hipótese máis probable de que o home asasinase a muller e despois se suicidase (Imaxe da Garda Civil).
Feijóo desvelará a última hora desta tarde o seu futuro político. O presidente convoca a xunta directiva do PP galego nun hotel de Santiago ás 20.00 horas.
Pablo Casado anuncia que optará a liderar o PP. O seu anuncio prodúcese mentres o partido agarda pola decisión de Feijóo.
Iñaki Urdangarín, cuñado do rei, entra no cárcere de Brieva (Ávila) para comezar a cumprir a súa condena polo caso Nóos.