O pleno de Ourense rexeita os orzamentos propostos polo goberno do PP, que continuará coas contas prorrogadas de 2014. A oposición esgrime un informe da intervención municipal para advertir de que o orzamento defendido polo alcalde, Jesús Vázquez, é "ilegal". Mentres, o rexedor acúsaos de pretender "fundir a cidade" e cualifica a votación de "inmoralidade".