O TSXG condena a Xunta a indemnizar con 38.800 euros a dous ocupantes dun vehículo que bateu cun xabarín na estrada PO-205 ao seu paso por Silleda en outubro de 2015. O tribunal considera que o Goberno galego debeu instalar sinais sobre o perigo da "frecuente presenza das especies que son obxecto de caza". A indemnización, aclara o TSXG, esténdese tamén á aseguradora dos accidentados.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/xabaril-1024x675-9be629e.jpeg)