O BNG presenta o primeiro treito da súa candidatura en Santiago. Tras a candidata á alcaldía, Goretti Sanmartín, sitúase Navia Rivas de Castro, seguida de Lois Calvelo, Pilar Lueiro, Xosé Quintáns e Esther Martínez. "O BNG ofrece un proxecto ilusionante, transformador e cun modelo de cidade que mira ao futuro", afirmou Ana Pontón durante a presentación.
