Falece aos 76 anos o cantautor, pintor e poeta Luis Eduardo Aute. O estado de saúde do autor de Al alba deteriorárase especialmente dende 2016, cando sufrira un infarto tras o que estivo en coma durante case 50 días.
Fálase
O Goberno central solicitará ao Congreso unha segunda prórroga do estado de alarma polo coronavirus, ata o 26 de abril. Prevese que durante este sábado o Executivo ofreza máis detalles da medida, adoptada tras a reunión de Pedro Sánchez co comité científico que o asesora na pandemia -na imaxe, un intre do encontro telemático-. Sánchez trasladou durante a mañá a proposta ás forzas políticas. Ampliamos a información neste espazo
A Xunta adía as probas de acceso a ciclos de FP de grao superior que se ían celebrar o 23 de abril por mor do coronavirus. "En función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario", di a Consellería de Educación, que agrega que "polo momento", se manteñen as probas de acceso para FP de grao medio, sinaladas para o 28 de maio.
O Goberno central aborda este sábado a posible prórroga do estado de alarma polo coronavirus e Pedro Sánchez trasladará o decidido ao resto de partidos. Previsiblemente, as medidas excepcionais estenderanse ata finais de mes, aínda que as ordes de confinamento poden variar. Unha información de La Vanguardia Na imaxe, divulgada pola Moncloa, Sánchez visitando unha empresa madrileña que comezou a fabricar respiradores.
A Xunta confirma que non cobrará os servizos non prestados en escolas infantís e centros de día de maiores e atención á discapacidade dende a declaración do estado de alarma polo coronavirus O Goberno galego indica que devolverá o cobrado pola segunda quincena de marzo e non pasará o recibo de abril.
A Garda Civil detecta na autovía A-6 á altura de Outeiro de Rei unha conductora "procedente do centro da Península" e co coche cheo de equipaxe "coa intención de desprazarse á costa galega". Os axentes denunciárona por quebrantar o estado de alarma decretado polo coronavirus e mais por quebrantar a normativa de tráfico coa acumulación de enseres no vehículo, especifica o Instituto Armado nun comunicado.
O vicepresidente Rueda e a conselleira de Política Social, Fabiola García, comparecen esta mañá na Deputación Permanente do Parlamento a respecto das medidas da Xunta fronte ao coronavirus. Ambas comparecencias e as intervencións dos grupos parlamentarios pódense seguir ao vivo na web do Parlamento. O máis destacado do debate, hoxe en Praza.gal
O Goberno portugués prorroga o estado de emerxencia ata o 13 de abril polo coronavirus. Entre as medidas aprobadas, figura "a limitação da circulação para fora do concelho de residência habitual dos cidadãos, salvo por motivos de saúde ou por outros motivos de urgência imperiosa" cadrando coa Semana Santa. Todas as medidas pódense consultar aquí. O Executivo de António Costa desbotou esta semana o illamento específico da cidade do Porto, un dos principais focos da covid-19 no país.
Remata a dixitalización de todos os números d'A Nosa Terra. A colección completa da histórica cabeceira xa se pode consultar en internet tras o remate dos traballos realizados en colaboración co Consello da Cultura Galega.
O narco Sito Miñanco pide ser excarcerado durante a epidemia do coronavirus por padecer varias doenzas e alega que o estado de alarma fai imposible unha eventual fuga. Recólleo Pontevedra Viva